O BNG amesá, xunto coa deputada Sol Agra, esixe o cumprimento da Lei de Memoria Democrática
David Santomil participa na presentación da Axenda Urbana de Ames
No ano 2021 a corporación de Ames decidiu concentrar todo o relativo á Axenda Urbana nunha nova concellaría que asumiu David Santomil.
Tralo traballo feito nestes últimos anos, onte presentouse no Pazo da Peregrina o documento definitivo que marcará a estratexia e as accións a levar a cabo ata 2030
O BNG en contra da proposta de nomeamento da xerente da EPEL Augas de Ames
Na reunión do Consello de Administración, celebrada esta mañá, o nomeamento da xerente quedou enriba da mesa debido á falta de documentación e por tanto de transparencia.
A entidade pública empresarial Augas de Ames EPEL foi creada no pleno do 11 de maio de 2023, que foi o último do mandato 2019-2023, co voto a favor da daquela concelleira de Economía e Facenda, Genma Otero, membro do Grupo Municipal Contigo Podemos
O divulgador e activista da lingua, Carlos Vieito, novo concelleiro do BNG en Ames
O Grupo Municipal do BNG queda composto por Natividade González, Escarlata Pampín, Alexandre Espinosa, Rosalía Seijas e Carlos Vieito. Unha formación cohesionada e preparada para ser a alternativa de goberno que Ames necesita. “Únome ás miñas compañeiras e compañeiros do BNG para abordar as problemáticas do noso concello e darlles solución. Aportar o noso traballo e dedicación e poñelos ó servizo das veciñas e veciños para facer de Ames, un concello mellor” sinalou Carlos Vieito.
Ames vive nunha situación de incerteza, cun goberno feble e sen iniciativa
Cando se cumpre un ano das últimas eleccións municipais, nas que obtivemos un resultado histórico pasando de tres a cinco concelleiros, dende o BNG insistimos en que a actividade do goberno municipal limítase a vender o que nós implantamos nas distintas áreas de goberno que xestionamos. Apúntanse o mérito, con altas doses de publicidade pagada con fondos públicos e fotos, pero o problema virá a medio e longo prazo
No pleno de maio do concello de Ames debaterase a reprobación da concelleira de Educación, Carmen Porto Rey
Motivada pola solicitude da maioría das ANPAS dos centros educativos do concello de Ames, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de
Ames e Espazo Común, levan unha moción para a reprobación da concelleira de Educación, Carmen Porto Rey, que foi presentada por rexistro o 14 de maio.
Ana Miranda: “É tempo de ter un escano propio, é tempo de darlle a este país unha voz enteira, permanente, sen dependencias de ningún tipo”
No acto público celebrado onte no Milladoiro e moderado pola voceira do Grupo Municipal do BNG de Ames, Escarlata Pampín, o protagonismo foi para as asociacións que lle plantexaron á candidata do BNG ao Parlamento Europeo as súas necesidades.
Ana Miranda resaltou que: “un dos traballos que nós facemos no Parlamento Europeo é estar na Comisión de Peticións precisamente para denunciar todas as vulneracións que se dan aquí e para estar cos problemas da xente, porque a diferencia é que se o BNG non está en Europa, destes temas non ía falar ninguén”
A Asemblea Local elixe a Escarlata Pampín como nova voceira do BNG de Ames
Da Asemblea local, celebrada o pasado xoves 18 de abril no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, saíu unha nova voceira, Escarlata Pampín, actualmente concelleira en Ames. Escarlata pasou a súa infancia no Milladoiro, trasladouse despois a Bertamiráns e dende o 2020 vive en Ventosa. Ampla coñecedora da realidade amesá ,Escarlata foi durante o mandato pasado concelleira de Mocidade e de Normalización Lingüística.
O BNG analiza a situación do Concello no pleno extraordinario celebrado este mércores
David Santomil, voceiro do Grupo municipal do BNG, explicou que "o BNG comezou dende o minuto un deste mandato a facer un traballo de oposición construtiva e a mostrarse como alternativa de goberno municipal dentro de tres anos"