@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm }
p { line-height: 115%; margin-bottom: 0.25cm; background: transparent }
a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline }
@page { size: 21cm 29.7cm; margin: 2cm }
p { line-height: 115%; margin-bottom: 0.25cm; background: transparent }
a:link { color: #000080; so-language: zxx; text-decoration: underline }
O BNG vén de poñer en marcha unha campaña con entrega de información sobre esta situación e recollida de sinaturas para pedir, unha vez máis, que a Xunta de Galicia solucione os graves problemas de transporte público que diariamente sofren as persoas usuarias.
S aleta Chao, d e putada d o Parlamento de Galicia, achegouse á localidade para apoiar as demandas do Grupo Municipal do BNG no referente ao transporte metropolitano e trasladalas ao Parlamento.
“ A conexión entre os dous dous núcleos urbanos de Ames: O Milladoiro e Bertamiráns é desastrosa, nas rutas dos autobuses interurbanos O Milladoiro-Santiago de Compostela e Bertamiráns-Santiago de Compostela a situación é insostible: numerosas persoas non poden subir aos autobuses en horas punta por que van cheos, falta n frecuencias horaria s e os a trasos son continuos”, explica Escarlata Pampín, voceira do BNG de Ames.
A formación nacionalista leva anos reclamando que se mellore o servizo de transporte metropolitano, unha exixencia que mesmo chegou ao Parlamento Europeo da man da e urod e putada do BNG Ana Miranda.