Novas
O BNG levará ao Parlamento as carencias do CEP Plurilingüe de Ventín
26/set./2024
As concelleiras do BNG de Ames Natividade González, Escarlata Pampín e Rosalía Seijas, xunto co concelleiro Carlos Vieito acudiron, ao CEP Plurilingüe de Ventín onde tiveron unha xuntanza co equipo directivo e a ANPA para estudar as necesidades do centro e trasladalas ao Parlamento. No pleno de Ames deste xoves a moción presentada polo BNG instando á Xunta a cumprir cos cocientes máximos, a dotar aos centros educativos de Ames do persoal docente e de apoio necesarios e proporcionar os autobuses suficientes ao servizo de trasporte escolar para que non se produza o desdobre de ningunha liña, saíu adiante cos votos favorables do PSOE, BNG e Espazo Común e a abstención do PP