Alexandre Espinosa Menor, número 6 da candidatura do BNG de Ames
Naceu en Lausanne (Suiza) no 1973, volvendo cos seus pais a Galiza aos 3 anos de idade. É veciño de Bertamiráns desde o ano 2007, está casado e é pai de dúas crianzas.
Comezou desenvolvendo traballos en precario, posteriormente formouse de xeito autodidacta en informática, sector no que ven desenvolvendo a súa labor profesional desde o ano 1997. Realizou estudos do Grao de Informática na USC.
Militante do BNG desde 2017, actualmente é responsable local do BNG de Ames, formando tamén parte do Consello Comarcal do Bloque Nacionalista Galego da comarca de Compostela BNG Compostela - Comarca.
É membro da directiva da asociación Semente Amaía, proxecto de centro de ensino en galego para crianzas de 2 a 6 anos no Val da Amaía. Tamén é socio da ANPA do colexio público ao que asisten os seus fillos.
Ten colaborado con diversas organizacións en defensa da lingua, da memoria histórica e dos dereitos civís.
Foi socio, como estudante, da Asociación Cultural Follas Novas de Ames e da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos de Compostela. Formou parte das agrupacións musicais De Pé Feito (Ourense) e "Estiño" (Allariz).
Como actividade sindical, é presidente do comité de empresa, membro da Executiva Nacional da Federación da Banca e da Executiva Comarcal da Banca de Compostela na CIG, sendo o responsable nacional das TIC (CIG TIC) na CIG.
Alexandre Espinosa Menor vai no número 6 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.