O BNG OBTÉN UN 36,44% DOS VOTOS EN AMES, 6.234 SUFRAXIOS
Grazas a todas as persoas que decidiron votar ao BNG nestas galegas 2024
Coa porcentaxe de votos dun 36,44% acadada polo BNG en Ames, conseguimos unha forte subida con respecto a hai catro anos, un gran resultado que queremos agradecer a todas as persoas que nos elixiron á hora de depositar o voto.
Foron 6234 sufraxios para o BNG en Ames, unha alta subida na porcentaxe de votos que supón que a cidadanía amesá confía no Bloque Nacionalista Galego para acadar unha Galiza mellor.
Un aumento no número de votantes que ven no BNG a solución para os grandes problemas de Galiza.
Contamos coa confianza de máis de 460.000 persoas en todo o país. Un magnífico resultado que fai que sexamos o referente indiscutible do cambio. En palabras de Ana Pontón, “o BNG sae destes comicios consolidado, fortalecido e con máis ganas e máis empuxe que nunca para seguir defendendo este País e a súa xente”. E destacou o noso agradecemento: “Grazas de todo corazón ós máis de 460.000 miles de galegos e de galegas que hoxe confiaron no BNG e fixeron que conseguísemos un resultado histórico, un resultado extraordinario que fai que o Bloque Nacionalista Galego sexa a alternativa indiscutible ao PP”. “Tamén quero dicirlles que esta campaña e este resultado electoral demostran que este País xa cambiou, que non hai marcha atrás porque hai unha cidadanía ilusionada, rebelde que non se conforma coa Galiza en pequeno que nos deixa o Partido Popular. Unha cidadanía que non se resigna a ver como Galiza vai a menos mentres outros avanzan”, subliñou.
O ascenso do BNG que pasa de 19 a 25 escaños implica un resultado histórico nas eleccións autonómicas.