O BNG presenta a Escarlata Pampín como candidata á alcaldía de Ames
Nun acto celebrado no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, Escarlata Pampín comprometeuse a impulsar o futuro de Ames “se hoxe dou este paso é porque quero dedicar toda a miña capacidade, toda a miña experiencia e toda a miña ilusión a estar á altura de Ames. Ese é o compromiso que asumo diante de vós. Porque cando un concello como Ames mira cara ao futuro, merece persoas dispostas a estar á súa altura”.
Escarlata Pampín foi escollida por unanimidade da asemblea local como candidata para as vindeiras eleccións de maio de 2027
“Xa demostramos que sabemos gobernar. Agora precisamos da forza da veciñanza para liderar un novo tempo para Ames”.