Novas
Trazado

O BNG defende traspasar o tramo ferroviario entre Fraiz e A Moniña ao Concello de Ames e convertelo nunha senda verde

 

 O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, presentou o pasado día 1 de outubro varias preguntas ao Ministerio de Transportes sobre o traspaso deste tramo ferroviario, entre elas se dito Ministerio recibiu solicitude do Concello de Ames e se estaría disposto a proceder ao traspaso.  A organización nacionalista sinala que a súa posta en valor permitiría xerar un novo espazo para a mobilidade sustentábel e unha oportunidade para a dinamización do territorio

 

Ler novas
Oficina da EPEL

Condenan á empresa de Augas do concello de Ames por vulneración da liberdade sindical

 

O Concello de Ames vén de ser condenado a indemnizar ao anterior delegado de persoal da EPEL e ao sindicato CIG por vulneración de dereitos sindicais ao non convocalo ás reunións do Consello de Administración da EPEL Augas de Ames

Dende o BNG de Ames  prevén novas demandas e novas indemnizacións que terán que pagar todos os amesáns e amesás con cartos públicos, porque o presidente da EPEL, titular da  alcaldía, segue convocando indebidamente

 

(Nova de Xornal de Compostela: https://xornaldecompostela.gal/santiago/ames/21987-o-xulgado-condena-ao-concello-de-ames-a-indemnizar-a-cig-e-ao-exdelegado-de-persoal-por-vulneracion-de-dereitos-sindicais/)

Ler novas
Estado da Ponte

A veciñanza de Lapido illada ante unha emerxencia polo abandono da ponte

 

Ames, ano 2025, e hai residentes da parroquia de Ortoño incomunicados fronte a  riscos vitais, puidera parecer o argumento dunha serie distópica, pero por desgraza é unha realidade. Son os veciños e veciñas de Lapido que sofren a desidia dun goberno socialista que decide non arranxar a única ponte pola que podería pasar un vehículo de emerxencia para atendelos de forma inmediata.

 

Ler novas
Homenaxe aos Homiños de Boimorto

O BNG de Ames honra a memoria dos “Homiños de Boimorto”

 

Un acto cargado de emoción e lembranza tivo lugar onte no memorial dos “Homiños de Boimorto” organizado polo BNG de Ames. Unha cerimonia na que os nacionalistas reafirmaron o seu compromiso coa memoria democrática e o recoñecemento ás vítimas da represión fascista.

 “No caso dos “Homiños de Boimorto” só o corpo de tres destes represaliados puideron ser exhumados e trasladados, dende un lugar esquecido, ata unha sepultura digna, é por iso que aproveitamos tamén este acto, non só para renderlles homenaxe senón tamén para reivindicar que se retomen as labores de localización, prospeción e excavación para algún día devolverlles dalgunha maneira a dignidade a estes“homiños” e ás súas familias”, Escarlata Pampín.

Ler novas
VISITA_AC544

O BNG levará ao Parlamento de Galiza a urxente necesidade de actuar na estrada AC-544 e no conxunto patrimonial de Ponte Maceira

A deputada Iria Carreira reclama, xunto a representantes do BNG de Ames e Negreira e veciñanza da zona, máis seguridade na estrada AC-544

 

De igual xeito, a deputada Mercedes Queixas visita Ponte Maceira para comprobar de primeira man a problemática da presa e da contorna deste BIC.

Ler novas
Xuntanza cos responsables de deportes do Concello de Carballo

As concelleiras Escarlata Pampín e Rosalía Seijas achéganse a Carballo a compartir ideas e proxectos no eido deportivo

 

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro delegado de Deportes e Participación cidadá, Xosé Daniel Pérez López e varios membros do equipo, analizaron, xunto coas concelleiras do BNG de Ames as políticas deportivas que están a desenvolver. Os investimentos do goberno do BNG de Carballo realizados nas instalacións deportivas dos centros educativos permiten o seu uso por parte dos clubs, mesmo para competicións oficiais nas fins de semana

Ler novas
Carlos Callón coa voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín, e a deputada provincial de dereitos civís, Sol Agra

Carlos Callón presenta en Ames o seu último libro da man do BNG

 

 A obra, “Vidas e Historias LGBT da Idade Media”, é o último traballo publicado polo escritor e profesor ribeirán. Un libro precedido pola polémica antes xa de saír á venda debido a que demostra mediante a documentación empregada que “a humanidade non é un monolitismo heterosexual senón diversa. O pasado tamén fala do presente e iso incomoda” explica Callón.

Ler novas