A MOCIÓN PRESENTADA POLOS NACIONALISTAS DE AMES NA QUE SE PEDÍA QUE SE PUIDESEN EMPREGAR, POR PARTE DOS CLUBS E ASOCIACIÓNS, TODOS OS PAVILLÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO FOI APROBADA POR MAIORÍA ABSOLUTA MALIA Ó VOTO EN CONTRA DOS SOCIALISTAS

As concelleiras Escarlata Pampín e Rosalía Seijas achéganse a Carballo a compartir ideas e proxectos no eido deportivo

Xuntanza cos responsables de deportes do Concello de Carballo
Xuntanza cos responsables de deportes do Concello de Carballo

 

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o concelleiro delegado de Deportes e Participación cidadá, Xosé Daniel Pérez López e varios membros do equipo, analizaron, xunto coas concelleiras do BNG de Ames as políticas deportivas que están a desenvolver. Os investimentos do goberno do BNG de Carballo realizados nas instalacións deportivas dos centros educativos permiten o seu uso por parte dos clubs, mesmo para competicións oficiais nas fins de semana

As concelleiras Escarlata Pampín e Rosalía Seijas achéganse a Carballo a compartir ideas e proxectos no eido deportivo

No pleno do pasado mes de maio, o BNG de Ames presentou unha moción na que exixiu que se actúe decididamente en materia deportiva e se elabore un documento de planificación dos investimentos a realizar. Foi aprobada por maioría absoluta, cos votos a favor do BNG, do grupo municipal popular e de Espazo Común. O grupo municipal socialista votou en contra.

Escarlata Pampín, voceira do BNG de Ames, solicitou nese mesmo pleno os informes que o concelleiro do PSOE, Víctor Fernández, dixo estar utilizando por parte do goberno municipal para coñecer as necesidades das instalacións municipais, documentos que lle foron negados alegando que “son documentos de traballo da concellería, que dentro da xestión política que nós facemos, temos dereito a organizarnos conforme ó noso propio criterio” afirmou Fernández.

Pese á evidente negativa do goberno do PSOE en minoría a apostar decididamente polo deporte e a acordar iniciativas coa oposición e cos clubs e asociación deportivas, o BNG de Ames non fraquea no seu propósito, “na reunión cos responsables de deporte do Concello de Carballo, púxose de manifesto que é cuestión de vontade política”, insiste Pampín.

Votación a favor da moción do BNG para que se actúe decididamente en materia deportiva
Votación a favor da moción do BNG para que se actúe decididamente en materia deportiva

Recorda que, tras o encontro cos clubs e asociacións deportivas de Ames, no que se expuxeron as carencias e necesidades coas que se atopan diariamente ante a falta de espazos para a práctica deportiva, ”dende o BNG solicitamos que se fixeran as xestións oportunas para que se puidesen empregar, por parte dos clubs e asociacións, todos os pavillóns dos centros educativos do concello e non obtivemos resposta” explica. “Non obstante, vemos que en concellos gobernados polo BNG, como o de Carballo, todos os pavillóns deportivos dos centros educativos están á disposición da veciñanza e  mesmo se utilizan para competicións oficiais nas fins de semana, sinala Pampín.
 
“Trátase de optimizar os recursos das instalacións escolares que utilizan tanto os alumnos e alumnas como os clubs deportivos; todas as actuación que fixemos dende o Concello dentro de recintos escolares están feitos mediante un convenio tipo que é da FEGAMP coa Consellería de Educación para uso das instalación educativas fóra de horario escolar”, conta o alcalde de Carballo Evencio Ferrero.

As concelleiras Escarlata Pampín e Rosalía Seijas achéganse a Carballo a compartir ideas e proxectos no eido deportivo