BNG de Ames
Novas
Ana Pontón e Escarlata Pampín durante o acto

O BNG presenta a Escarlata Pampín como candidata á alcaldía de Ames

 

 Nun acto celebrado no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, Escarlata Pampín comprometeuse a impulsar o futuro de Ames “se hoxe dou este paso é porque quero dedicar toda a miña capacidade, toda a miña experiencia e toda a miña ilusión a estar á altura de Ames. Ese é o compromiso que asumo diante de vós. Porque cando un concello como Ames mira cara ao futuro, merece persoas dispostas a estar á súa altura”.

 

Escarlata Pampín foi escollida por unanimidade da asemblea local como candidata para as vindeiras eleccións de maio de 2027  
 

“Xa demostramos que sabemos gobernar. Agora precisamos da forza da veciñanza para liderar un novo tempo para Ames”.

 

 

Ler novas
Novas
Todos os grupos da oposición votan a favor da moción presentada polo BNG

O BNG de Ames leva a pleno as necesidades do Parque Empresarial Novo Milladoiro

 

 A formación nacionalista reclama a creación de novas bolsas de estacionamento e alternativas que permitan reducir a presión existente nas súa rúas, realizar un estudo técnico e rigoroso sobre a mobilidade, tráfico, estacionamento e seguridade viaria  e defende, de novo, a necesidade dun acceso directo para o polígono empresarial. “O futuro desenvolvemento económico de Ames require que este parque empresarial conte con infraestruturas adaptadas á realidade actual e ás necesidades das empresas que alí desenvolven a súa actividade”, subliña a voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín.

 

Ler novas
Novas
Saleta Chao durante a súa intervención

O BNG exixe a mellora das instalacións e servizos dos centros educativos de Ames

 

Chao lembrou que Ames é un concello “en crecemento demográfico, con moita infancia e adolescencia, e cun saldo educativo positivo”, polo que considerou “inaprazable” que a Xunta de Galiza actúe tanto na construción de novas infraestruturas –como o novo colexio do Milladoiro– como na “conservación e acondicionamento das xa existentes”.

 Escarlata Pampín,  voceira do BNG de Ames, agradeceu a Saleta Chao o “interese amosado pola situación dos centros educativos do concello e o seu compromiso á hora de trasladar e visibilizar as carencias que estes espazos levan anos arrastrando”.

 

 

 

 

Ler novas
Novas
Unha das parcelas  que quedaron sen vender e que se poderían dedicar a vivenda pública

O BNG de Ames reclama, mediante unha moción, que nas catro parcelas municipais non vendidas na poxa se constrúa vivenda pública

 

Os nacionalistas consideran prioritario reorientar o destino destes terreos edificables cara a fins de interese social, promovendo a súa utilización para a construción de vivenda pública en réxime accesible ou protexido.

A Xunta de Goberno Local aprobou o 29 de xaneiro deste ano o expediente de contratación mediante sistema de poxa para a venda de cinco parcelas de titularidade municipal destinadas á construción de nova vivenda a través da iniciativa privada, só unha acadou comprador.

“É necesario cambiar o enfoque das políticas de vivenda: aumentar a oferta accesible, promover vivenda pública e garantir prezos asumibles”, salientan. 

 

Ler novas
Novas
Escarlata Pampín, voceira do BNG de Ames

Escarlata Pampín reivindica a “oposición útil” do BNG en Ames

 

Cando se cumpren dous anos desde que asumiu a portavocía do BNG en Ames, Escarlata Pampín analiza o camiño percorrido, os retos de facer política desde a
oposición e os obxectivos de futuro para o concello. ”Son dous anos de moita intensidade, pero tamén moi enriquecedores. Estar na oposición implica un traballo constante de fiscalización, pero tamén de proposta, e creo que fomos quen de facer ambas cousas con responsabilidade”, salienta.

Escarlata pasou a súa infancia no Milladoiro, trasladouse despois a Bertamiráns e dende o 2020 vive en Ventosa. Ampla coñecedora da realidade amesá, foi durante o mandato pasado concelleira de Mocidade e de Normalización Lingüística.

Ler novas
Novas
Grupo Municipal do BNG de Ames

O BNG de Ames lamenta que a mala praxe do alcalde e presidente da entidade pública empresarial Augas de Ames EPEL lle coste 15.000 euros ao Concello

 

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ratificou a condena á empresa pública de augas de Ames EPEL por vulneración do dereito fundamental  á liberdade sindical ao non respectar a condición de representante sindical do delegado da CIG no Consello de Administración.

 Os nacionalistas advirten de que en numerosas ocasións lle pediron ao alcalde e  presidente da EPEL que, cumplindo os estatutos da entidade pública, convocase legalmente á persoa que realmente é delegada de persoal aos Consellos de Administración, pero que o alcalde seguiu convocando á súa escollida que, casualmente, foi nas listas do PSOE de Ames en 2015. 

Ler novas
Portadas
plano_variante3

O BNG reclama axilidade nas obras de mellora do acceso ao Novo Milladoiro e pide prazos concretos ao Goberno do Estado

O BNG reclama urxencia e prioridade para a actuación, ao considerar clave a mellora da seguridade viaria e a resposta ao crecemento poboacional e empresarial da zona.

Néstor Rego exixe ao Goberno do Estado prazos concretos para a aprobación, licitación e execución das melloras nos accesos ao Novo Milladoiro. 

Ler novas
Novas
Cristina García con  Natividade González, Escarlata Pampín e Rosalía Seijas

A deputada Cristina García visitou Castrigo, onde se van acometer obras de pavimentación viaria con fondos procedentes do POS+2026

 

Este proxecto foi unha das propostas presentadas polo BNG de Ames, xunto con outras demandas como por exemplo: a renovación da ponte de Pedras, cubrir un dos anfiteatros ou a pavimentación  do viario  de Trasmonte que conecta a AC-544  co núcleo.

Cristina García resaltou que “o  BNG sempre apostou por darlle autonomía aos Concellos no que se refire a decidir as inversións do POS dentro de seu territorio e deste xeito responder ás  necesidades reais da veciñanza”.

Ler novas
Novas
Grupo do BNG no pleno ordinario de febreiro

O BNG de Ames demanda facilitar o estacionamento ao persoal que presta servizos a domicilio no concello

 

Os nacionalistas presentan unha moción na que solicitan que o Concello de Ames estableza un sistema de autorización de estacionamento temporal, mediante un distintivo identificativo municipal, para traballadoras e traballadores que, por razóns profesionais, deban prestar servizos a domicilio de maneira itinerante nos núcleos de Bertamiráns e O Milladoiro. 

Ler novas