A RESPONSABLE DE PLANS PROVINCIAIS DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA ELOXIOU O TRABALLO DO BNG DE AMES QUE FIXO POSIBLE A INCLUSIÓN DESTA OBRA NO PLAN ÚNICO DE CONCELLOS DESTE ANO.

A deputada Cristina García visitou Castrigo, onde se van acometer obras de pavimentación viaria con fondos procedentes do POS+2026

Cristina García con  Natividade González, Escarlata Pampín e Rosalía Seijas
Cristina García con Natividade González, Escarlata Pampín e Rosalía Seijas

 

Este proxecto foi unha das propostas presentadas polo BNG de Ames, xunto con outras demandas como por exemplo: a renovación da ponte de Pedras, cubrir un dos anfiteatros ou a pavimentación  do viario  de Trasmonte que conecta a AC-544  co núcleo.

Cristina García resaltou que “o  BNG sempre apostou por darlle autonomía aos Concellos no que se refire a decidir as inversións do POS dentro de seu territorio e deste xeito responder ás  necesidades reais da veciñanza”.

A deputada Cristina García visitou Castrigo, onde se van acometer obras de pavimentación viaria con fondos procedentes do POS+2026

 Durante o percorrido, a deputada provincial puxo en valor o traballo do grupo nacionalista que “sempre está escoitando e a carón da veciñanza para trasladar esas propostas e que ó final se convertan en realidades, como no caso desta estrada que atravesa o núcleo de Castrigo” lembrou. Defendeu tamén a importancia do Plan Único (POS) como instrumento para apoiar aos concellos no financiamento de infraestruturas e equipamentos públicos.  

A pavimentación desta estrada de Castrigo completarase co pintado de marcas viarias e a limpeza de marxes, xunto con gabias e salvagabias con recuperación da sección hidráulica para garantir o correcto funcionamento hidráulico e a drenaxe do viario. 

Na visita, a voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín, subliñou que “o arranxo desta estrada de Castrigo é unha demanda que o BNG trasladou en diversas ocasións e por diversas canles,  alegrámonos de que finalmente a proposta fose aceptada, o que demostra que con moito traballo e dende unha oposición construtiva se poden  acadar resultados”.

A deputada nacionalista, responsable de Plans Provinciais e Asistencia a Concellos da Deputación da Coruña, Cristina García, recordou que a Deputación  da Coruña investirá preto de  millón e medio de euros en obras no Concello de Ames.

A deputada Cristina García visitou Castrigo, onde se van acometer obras de pavimentación viaria con fondos procedentes do POS+2026