Novas
Concentración diante da Escola Infantil Merlín

O BNG de Ames leva ao Concello a petición de apoio ás traballadoras da Escola Infantil Merlín de Bertamiráns

O BNG de Ames presentou unha moción para que todas as concelleiras e concelleiros defendan ás traballadoras. Solicitan  tamén que a Xunta de Galiza medie no conflito garantindo a readmisión dunha asalariada despedida e o cumprimento dos dereitos laborais do persoal. Ademais reclaman que o Concello de Ames estableza os contactos necesarios con Política Social para acadar unha solución eficaz e que as familias amesás non vexan os seus servizos educativos minguados

-

Ler novas
Parcela onde se situará o colexio

Preocupación no BNG de Ames polo atraso na construción do novo colexio do Milladoiro

 A nova licitación terá que convocarse no primeiro semestre do 2025 xa que a actual quedou deserta.

O BNG de Ames expresa a súa preocupación a través da voceira Escarlata Pampín, “sentimos un profundo desacougo ante esta situación que fai que a veciñanza de Ames teña que seguir agardando por un colexio indispensable para o  alumnado do noso concello, preocúpanos non só a tardanza que isto implica senón tamén a actitude da Xunta á hora de xestionar o proceso de licitación, que obviamente non contou co presuposto preciso”

Ler novas
Centro Deportivo Municipal A  Telleira

O BNG denuncia graves deficiencias no Centro Deportivo Municipal A Telleira

Cancélanse actividades por falta de persoal ao que non se substitúe, as aulas nas que  se realizan as actividades dirixidas resultan extremadamente perigosas para as usuarias e usuarios dado que se esvara pola mala ventilación, na sala de  máquinas día tras día hai máquinas estragadas que non se arranxan, recórtase o horario de apertura do centro nas  fins de semana, hai pingueiras na sala de clases dirixidas, non se efectúa un mantemento adecuado da piscina e prodúcense incumprimentos constantes en materia lingüística.

Ler novas
Votación por unanimidade no pleno

O BNG de Ames logra por unanimidade aprobar unha iniciativa na defensa do transporte público do rural

No transporte do rural amesán perduran as impuntualidades, os atrasos inxustificados, non hai autobuses dabondo, non pasan nas horas previstas, a veciñanza queda tirada nas paradas por causa de que os autocares van ateigados e  ademais presentan graves deficiencias no seu estado. En moitos lugares non dispoñen nin de marquesiñas nin de sinalización de parada

 

Ler novas