O BNG de Ames presenta as súas propostas para o POS+ 2025 da Deputación da Coruña
A realización da segunda fase da senda peonil Reino-Pontemaceira, a cuberta do anfiteatro do Milladoiro ou a pavimentación e arranxo definitivo do aparcamento público situado detrás da policía local de Bertamiráns son algunhas das actuacións que o grupo municipal considera prioritarias
A pavimentación e senda na estrada que une Covas e Pousada, os arranxos da ponte de Suevos,das pluviais de Biduído de abaixo e a ponte das Pontiselas, a pavimentación da estrada Pontenova-Agrón así como a execución da segunda fase da Casa da Cultura do Milladoiro,son outras das demandas do BNG de Ames
O POS+ establecido pola Deputación en 2017 é unha ferramenta imprescindible para financiar obras e servizos públicos dos concellos da provincia, neste sentido o grupo municipal considera que “hai que utilizalos para mellorar a vida de toda a veciñanza tendo en conta tanto ao Ames máis rural como ao máis urbano”.