bngames
Novas
Escarlata Pampín, voceira do BNG de Ames

Escarlata Pampín reivindica a “oposición útil” do BNG en Ames

 

Cando se cumpren dous anos desde que asumiu a portavocía do BNG en Ames, Escarlata Pampín analiza o camiño percorrido, os retos de facer política desde a
oposición e os obxectivos de futuro para o concello. ”Son dous anos de moita intensidade, pero tamén moi enriquecedores. Estar na oposición implica un traballo constante de fiscalización, pero tamén de proposta, e creo que fomos quen de facer ambas cousas con responsabilidade”, salienta.

Escarlata pasou a súa infancia no Milladoiro, trasladouse despois a Bertamiráns e dende o 2020 vive en Ventosa. Ampla coñecedora da realidade amesá, foi durante o mandato pasado concelleira de Mocidade e de Normalización Lingüística.

Ler novas
Novas
Grupo Municipal do BNG de Ames

Un goberno incapaz e autoritario que ignora as verdadeiras prioridades da veciñanza

 O grupo municipal do BNG fixo balance en Covas dos dous anos do goberno do PSOE, apoiado nun pacto co Partido Popular,  cualificándoo dun  equipo moi feble, que ten demostrado a súa incapacidade para xestionar con eficacia os recursos públicos,  “non ten nin propostas nin proxectos novos está a vivir das herdanzas do pasado, moitas delas políticas desenvolvidas polo BNG”, manifestou a voceira, Escarlata Pampín. 

Ler novas
Novas
1000020561-02

O gusto de agasallar en galego

Nestes días de Nadal o BNG de Ames obsequiou aos  comerciantes locais cunha variedade de adhesivos en galego coa finalidade de axudarlles a embelecer os paquetes de regalos. Trátase dunha iniciativa para apoiar o comercio de proximidade con promoción da etiquetaxe en lingua galega.
Ler novas