SEMPRE NA MEMORIA!
85 cabodano dos Homiños de Boimorto
19 ago. 2021 - 02:09
Este ano cumprense 85 anos do asasinato dos Homiños de Boimorto. Desde o BNG de Ames sempre tentamos manter viva a chama da súa memoria. En datas sinaladas, como estas, aproveitamos para reforzar o seu legado de compromiso e sacrificio.
Por iso lembrarémolos cun acto no que convidamos á veciñanza amesá e de outras partes, mesmo do seu concello de orixe, Boimorto, para lembralos e que o seu empeño e exemplo non se perda e teñamos memoria deles e por eles.