RETOS PARA O FEMINISMO COMO EIXO TRANSVERSAL DA NOSA ACCIÓN POLÍTICA E EXPERIENCIAS PRÁCTICAS NA LOITA CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS.
En Ames, xornada nacional do BNG contra a violencia machista.
Convidámoste a participares, o vindeiro día 11 de febreiro, sábado, ás 10.30 horas á xornada nacional do BNG contra a violencia machista. A xornada desenvolverase no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.
- 10.30 horas. Benvida e saúdo dos concelleiros David Santomil e Isabel Vaquero.
- 10.45 horas. Palestra e coloquio con Carme Adán: Retos para o feminismo como eixo transversal da nosa acción política.
- 12.00 a 13.45 horas. Mesa redonda moderada por Goretti Sanmartín e coa participación de representantes do BNG nos concellos de Pontevedra e San Sadurniño, e de Galiza Nova: Experiencias prácticas na loita contra as violencias machistas.
07 feb. 2017 - 09:58