ESTAREMOS MOI VIXIANTES CARA A QUE SE POIDAN DESENVOLVER TODAS ESTAS ACTUACIÓNS.

O BNG de Ames facilita coa abstención a aprobación do Orzamento de 2024 para a defensa dos intereses dos veciños

Grupo Municipal do BNG de Ames
Grupo Municipal do BNG de Ames

  O  sinatura do acordo entre o BNG e o goberno local en minoría do  PSdeG- PSOE, tivo lugar este mércores 21 de febreiro tras varias reunións  mantidas entre ambos grupos municipais antes do proceso electoral.

O BNG de Ames facilita coa abstención a aprobación do Orzamento de 2024 para a defensa dos intereses dos veciños

   David Santomil, voceiro do BNG en Ames afirmou que "dende o BNG o que queremos poñer en valor é o acordo é o diálogo é a negociación e tamén a transparencia, de aí que celebremos este acto público para dar coñecer as principais liñas  deste convenio".

Con este acordo político o BNG de Ames, consegue incluír nos orzamentos municipais do 2024 diferentes propostas  beneficiosas para os amesáns, en palabras de David Santomil "pola parte social todo o relacionado coa necesidade de dotar aos municipios de vivenda pública, neste sentido o Concello de Ames pon a disposición da Xunta de Galicia todos os medios necesarios para a construcción de vivenda pública sexa no Milladoiro ou en Bertamiráns e vai intentar poñer no mercado de alugueiro  os baixos comerciais sen actividade prolongada no tempo".  "Un aspecto especial é todo o relacionado con investimentos e actuacións para a mocidade como a bonificación do ICIO para construcción de primeira vivenda para a xente moza". "Tamén apostamos polo benestar social dos nosos maiores, en todo o relacionado coa asistencia e axuda no fogar, pero tamén coa tramitación para ceder á Xunta de Galicia uns terreos para a construcción dun Centro de Día público ou unha Residencia".

O emprego e a innovación tamén teñen cabida neste acordo xa que  "son fundamentais para xerar postos de traballo de aí toda a aposta que se está a facer pola innovación en particular no Parque Empresarial Novo Milladoiro, pero tamén o posible solo industrial que se poida desenvolver no entorno de Bertamiráns".

Sinatura do acordo
Sinatura do acordo

O desenvolvemento da axenda urbana 2030, na que xa se deran os primeiros pasos durante o goberno de coalición, está por suposto contemplada neste acordo; así como compromisos claros no ámbito da prestación de servizos públicos. Como destacaba David Santomil " no ámbito educactivo e de conciliación a construcción da cociña central en Bertamiráns, unha infraestrutura fundamental para dar continuidade ao funcionamento dos comedores escolares e os programas de conciliación".  Crucial é tamén, e así figura no convenio,  a incorporación do Concello de Ames á Mancomunidade Serra do Barbanza "como modelo polo que levamos apostando dende sempre no BNG, e dándolle un impulso para a renovación, ampliación e modernización da planta de reciclaxe de Servia en Lousame e o mantemento dos postos de traballo. "Por suposto tamén, e por iso o incremento no total do orzamento, a incorporación da empresa pública Augas de Ames que xa iniciaramos cos compromisos que adoptaramos no ano 2015 cando se conformou o goberno de coalición tripartita e que agora está xa nunha fase de incorporación aos orzamentos".

A mellora dos  equipamentos culturais e deportivos, e a aposta polo galego nos servizos públicos son tamén cuestión recollidas neste acordo que, como subliñou David Santomil, constitúe "un orzamento de esquerdas para desenvolver políticas de esquerdas e nese sentido estaremos moi vixiantes cara a que se poidan desenvolver todas estas actuacións."

Unha vez máis , O BNG actuou este ano como en ocasións anteriores entendendo que ten que estar á altura do que a poboación precisa e non dos intereses de cada grupo político

 

O BNG de Ames facilita coa abstención a aprobación do Orzamento de 2024 para a defensa dos intereses dos veciños