E PARA RESOLVER OS PROBLEMAS:O BNG

O goberno que Galiza merece

Encontro coa veciñanza
Encontro coa veciñanza
Foi un domingo de entroido con cheo absoluto no Milladoiro, nun encontro do BNG de Ames coa veciñanza que contou coas intervención de David Santomil, Suso de Toro e Iria Carreira.
O goberno que Galiza merece

Eran as 11:50 da mañá dun domingo, dun domingo de entroido e á sala comezaban a chegar persoas desexando coñecer máis polo miúdo o proxecto de goberno do BNG para a Xunta de Galicia.

Eran as 12:05 e naquel cuarto xa non cabía máis xente, o espazo quedaba pequeno para acoller ao público e empezamos.

Falou primeiro o voceiro do BNG de Ames, David Santomil e agradeceu a participación de todas e todos, a súa movilización no cambio galego "falade coa xente do comercio, falade cos vosos familiares, amizades, con xente que poidades atopar na rúa, porque estas elecións son históricas en moitos aspectos e polo tanto que vaian votar porque temos realmente capacidade para gobernar".

Tocoulle o turno a Suso de Toro, quen recalcou que cando falamos de gañar as eleccións non falamos só dunha loita puramente ideolóxica, senón das nosas vidas. "O BNG,cando defende a súa candidatura, está a defender todo un programa, é un programa social, de protección de toda a cidadanía e tamén do propio país". "Porque neste momento en Galiza está habendo unha ilusión nova, é unha esperanza con nome de persoa e organización e con moito movemento cívico.  É a candidatura dun país que quere vivir e dunha sociedade que quere resolver os seus problemas". 

Recordou que a realidade é que Ana Pontón e todo o grupo parlamentario do BNG levan anos propoñendo medidas ao servicio da sociedade en sanidade, en educación, en cobertura social,en comunicacións, en cultura e en dereitos sociais e individuais."Este é o momento dunha forza política do noso país, nacionalista, que cree poder para Galiza e que nos empodere a todas e a todos".

Pola súa parte, Iria Carreira, referiuse aos 15 anos do goberno do PP que foi recortando en todos os servizos públicos, "que deixa unha sanidade contra as cordas, cunha atención primaria nun colapso constante, con listas de espera nos centros de saúde pero tamén nos hospitais, cunha atención á saúde mental pésima. Recortando na rede pública de coidados, nin unha soa praza pública en residencias de maiores nestes 15 anos, Centros de Día absolutamente insuficientes e un  Servizo de Axuda no Fogar que non proporciona a asistencia que a poboación precisa".

Recordou que en Galiza hai máis de 600.000 persoas en risco de pobreza e exclusión social, que en 15 anos se construíron 22 vivendas públicas, que a mocidade vese obrigada a marchar fóra do país para poder ter un futuro, que se perderon falantes de galego. "Galiza non merece isto, Galiza merece un goberno que se preocupe polo seu país e pola súa xente e no BNG temos un proxecto serio e rigoroso que aposta polos servizos públicos, que pon ás persoas no centro, que aposta polo ensino de calidade, que aposta pola sanidade con máis profesionais, con mellor asistencia e infraestruturas dignas. Que aposta polos coidados, desenvolvendo o servizo de axuda no fogar, con Centros de Día para que tódalas persoas poidan vivir nas súas casas e que cando non poidan teñan unha praza nunha residencia pública. Un goberno que se centre no noso país, que o protexa, que o promocione, que coide do noso medio natural, que atenda aos sectores productivos, que aposte polo noso rural. Que aposte pola nosa cultura, pola nosa lingua, que teña orgullo de ser quen somos. Un goberno feminista"

Foi unha mañá de domingo en Ames, pero non unha  calquera, foi unha mañá de domingo na que se percibiu  que Galiza esperta e que o cambio é posible. Temos ao alcance da man a oportunidade de darlle a este país o futuro que merece, só con coller a papeleta do BNG o próximo 18 de febreiro e facer que  Ana Pontón sexa a Presidenta do próximo goberno da Xunta de Galicia. Agora!

O goberno que Galiza merece