O gusto de agasallar en galego

1000020561-02
1000020561-02
Nestes días de Nadal o BNG de Ames obsequiou aos  comerciantes locais cunha variedade de adhesivos en galego coa finalidade de axudarlles a embelecer os paquetes de regalos. Trátase dunha iniciativa para apoiar o comercio de proximidade con promoción da etiquetaxe en lingua galega.
O gusto de agasallar en galego

Os comerciantes de Bertamiráns e Milladoiro contan cun novo atractivo nos seus establecementos, uns adhesivos  en galego cos que o BNG quere apoiar  o comercio de proximidade como unha das mellores maneiras de xerar riqueza para Galiza, humanizar poboacións e impedir a desertización dos concellos.

A campaña “Mellor local,  mellor galego, aposta polo noso” une dous dos desexos do BNG: que se merque no comercio local  e que se utilice o galego. A iniciativa está tendo unha moi boa acollida entre os comerciantes amesáns que mostraron o seu agrado ao recibir os adhesivos. Uns adhesivos que con mensaxes como “espero que che guste”, “parabéns”, “quérote un mundo” ou “mereces isto e máis” colocan o noso idioma á fronte dos regalos neste Nadal.

Unha campaña coa que o BNG de Ames comparte coa veciñanza o gusto de agasallar en galego.

 

 

O gusto de agasallar en galego