CONTAMOS CONTIGO. É AGORA!
O 18 de xaneiro Ana Pontón estará en Ames
Nas eleccións ao Parlamento de Galicia, que se celebrarán o 18 de febreiro, a nosa candidata á presidencia da Xunta será a encargada de liderar o cambio "para poder transformar a mellor este país"
Un xiro que suporá contar con "unha presidenta preparada para poñer en marcha unha Galiza en grande. A primeira presidenta coas mans libres porque a min ninguén me vai poñer límites desde Madrid á hora de defender os intereses dos galegos e das galegas", ao contrario, Galiza,o primeiro.”
Porque o BNG ten ideas para transformar Galicia e capacidade de xestión para poder levalas adiante. " Porque Galiza é un gran país, con riqueza, con potencial, con xente honesta e traballadora, pero que necesita un goberno que confíe nese potencial, nesa capacidade e que faga as cousas ben, ese é o meu compromiso e o de todo o BNG".
“Nós queremos unha Galiza productiva na terra e no mar, con industria, que aposte pola ciencia e pola innovación, porque sabemos que para competir no mundo a mellor maneira é con salarios dignos, con empregos de calidade e non coa precariedade que nos está deixando o PP”.
"Queremos unha Galiza orgullosa da súa lingua milenaria, da súa cultura,que nos fai estar no mundo con personalidade propia".
"Queremos un país que priorice o coidado do seu medio ambiente, implicado na loita contra o cambio climático.Queremos unha Galiza na que a riqueza enerxética estea ao servizo da sociedade galega, das familias, da clase traballadora, das empresas, porque sabemos que o vento é noso, os montes son nosos e os ríos son nosos. E nese sentido temos un compromiso claro: queremos un goberno que traballe polo interese xeral e non polo interese dos lobbies enerxéticos.”
“Quereremos unha Galiza feminista, con igualdade onde cada quen ame a quen queira amar e sexa quen queira ser”.
“Quero ser a próxima presidenta deste país para poñer en marcha esa Galiza posible que está ao alcance da nosa man”.
Se queres coñecer a realidade das intencións de Ana Pontón á fronte do goberno galego e non o que contan por aí, achégate o próximo xoves 18 ao Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns .
Contamos contigo.