QUE NON CHE CONTEN CONTOS!
Únete ao cambio galego
Este xoves 18 de xaneiro na Casa da Cultura de Bertamiráns toda a cidadanía que así o desexe terá a oportunidade de saber as ideas que o BNG ten para Galiza. Que non che conten contos, ven coñecer a realidade!
O acto público contará coa presenza da candidata á presidencia da Xunta Ana Pontón, David Santomil, voceiro municipal de Ames e Saleta Chao candidata ao Parlamento galego.
Unha ocasión perfecta para desbotar os embustes mal intencionados sobre un goberno do BNG que realmente tería como única prioridade que a nosa terra sexa o primeiro. Porque nestas eleccións autonómicas o que nos xogamos e ser tutelados desde Madrid ou pola contra conseguir que Galicia teña por primeira vez unha presidenta coas mans libres.
Achégate o próximo xoves e permítete a posibilidade de coñecer os verdadeiros proxectos do BNG porque para poder escoller hai que coñecer. Ti decides! Súmate ao cambio galego!