“A MIN NINGUÉN DESDE MADRID ME VAI POÑER LÍMITES Á HORA DE DEFENDER GALIZA”.

O BNG de Ames con Ana Pontón,“É Agora!”

IMG-20231203-WA0036
IMG-20231203-WA0036
Nun acto multitudinario no Multiusos Fontes do Sar en Santiago a portavoz nacional do BNG,  Ana Pontón, foi proclamada candidata á Presidencia da Xunta. O BNG de Ames estivo con ela  apoiando o cambio necesario para Galicia.
O BNG de Ames con Ana Pontón,“É Agora!”

 

Nun Multiusos ateigado, Pontón subliñou que esta non será unha campaña máis porque estamos ante as eleccións máis importantes das últimas décadas cun BNG convertido na alternativa real ao PP, preparado para gobernar: “É agora”, sintetizou, dirixíndose a todas as persoas que queren cambio.
“Humildemente, penso que Galiza vai saír ganando, que lle vai ir moito mellor cunha presidenta do BNG, e por iso pídolle ós e ás galegas que me dean a oportunidade de demostralo, de demostrarlles que podemos facelo mellor. Unha presidenta coas mans libres e un proxecto común de País, pensado desde nós e para nós, é a combinación perfecta para poñer en marcha a Galiza en grande que queremos e que merecemos”.

A candidata á Presidencia esbozou as prioridades dun goberno do Bloque, empezando por reforzar os servizos públicos, -sanidade, educación, o coidado das persoas maiores; apostando por darlle futuro á xente moza,  o apoio aos sectores produtivos tendo claro que a ciencia e a innovación son claves para unha economía que xere riqueza e emprego de calidade a través do coñecemento, non da precariedade e dos baixos salarios.

FOTO
FOTO

Un goberno que quere darlle a Galiza un modelo enerxético ao servizo do País, revertendo o espolio eólico do PP, “a miña primeira decisión como presidenta en materia enerxética será quitar a cadeira que as eléctricas teñen no Consello da Xunta”, subliñou. Igualmente, será un goberno que defenda a lingua e a cultura galega, o avance dos dereitos e das liberdades das mulleres desde o feminismo, unha Galiza diversa e plural, na que cada quen sexa libre para sentir, amar e ser o que queira ser.

Pontón chamou a facer historia cunha presidenta capaz de poñer en marcha unha Galiza en grande fronte a Galiza en pequeno que deixa o goberno do PP, “catorce anos de retroceso, ese é o legado de Rueda”, sintetizou en referencia ao candidato popular, ao que ve máis “enfurecido” que nunca co BNG,  “cabreado” porque desde a oposición o Bloque impulsa unha axenda galega ante o Estado en contraposición coa súa incapacidade para defender os intereses do País. “Imaxinade o que poderíamos conseguir cunha presidenta coas mans libres para defender o noso ante Madrid!”.

Neste contexto, a candidata alertou contra o previsible intento das forzas estatais de desviar a atención do importante, contaminando ás eleccións galegas “coas súas batalliñas e liortas madrileñas”, demostrando que nin teñen proxecto para este País nin lles interesa, “non merecemos a súa crispación madrileña porque as eleccións non van de Feijóo nin de Sánchez, van de solucións para o noso futuro colectivo, de facernos valer e de avanzar”.

O BNG de Ames con Ana Pontón,“É Agora!”