A REIVINDICACIÓN CHEGA AO PARLAMENTO DA MAN DO BNG DE AMES

O BNG traslada á Comisión do Parlamento a problemática dos libros de texto coa implantación do E-Dixgal.

20231107_174403
20231107_174403

Na súa intervención María Cristina Ferndez Davila reiterou a necesidade do cambio dos requisitos para o acceso ó Fondo Solidario de Libros de Texto dos centros educativos que participan no programa E-Dixgal. Preguntou tamén sobre os mecanismos para acadar a gratuidade dos libros de texto para o curso 24-25.

O BNG traslada á Comisión do Parlamento a problemática dos libros de texto coa implantación do E-Dixgal.

A  problemática da imposiblidade de acceso ao Fondo Solidario de Libros de Texto  coa implantación do E-Dixgal xa foi levada ante a Valedora do Pobo pola  ANPA  do  IES  Plurilingüe de  Ames, co  acordo   das  ANPAS   dos   centros educativos do Concello de Ames:  ANPA do CEIP A Maia,  ANPA do CEIP Agro do Muíño, ANPA San Mauro do CEIP de Barouta, ANPA As Brañas do CEIP de Ventín e   ANPA Millapeques da EEI do Milladoiro. A  través do BNG de Ames a reivindicación chegou ao Parlamento da man de María Cristina Fernández Davila.

 A exposición da deputada nacionalista baséase na necesidade de que se produza unha modificación nas bases da convocatoria  de axudas do Fondo Solidario de Libros de Texto para que non se exclúa na súa totalidade aos  alumnos e alumnas matriculados en centros educativos da ESO incluídos no programa E-Dixgal que non impartan a totalidade das súas materias a través deste sistema, senón que se permita realizar a solicitude,cunha reducción no número de libros concedidos proporcional ás materias non incluídas en E-Dixgal. 

Na súa resposta Judith Fernández Novoa, Directora Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, posicionóuse en contra desta cambio alegando que “ a inclusión no E-Dixgal xa supón un aforro para as familias ao non ter que adquirir certos libros de texto”. No tocante ás materias incluídas no E-Dixgal, Judith Fernández argüíu que son os órganos de coordinación docente de cada centro educativo os que o deciden.

María Cristina Fernández Davila anunciou onte aos membros do Grupo Municipal  do BNG de Ames e  a Susana Torrente, presidenta da ANPA do IES Plurilingüe de Ames que levará de novo a problemática á Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento de Galicia.

 

O BNG traslada á Comisión do Parlamento a problemática dos libros de texto coa implantación do E-Dixgal.