Novas
Grupo BNG

Ames vive nunha situación de incerteza, cun goberno feble e sen iniciativa

 

Cando se cumpre un ano das últimas eleccións municipais, nas que obtivemos un resultado histórico pasando de tres a cinco concelleiros, dende o BNG insistimos en que a actividade do goberno municipal limítase a vender o que nós implantamos nas distintas áreas de goberno que xestionamos. Apúntanse o mérito, con altas doses de publicidade pagada con fondos públicos e fotos, pero o problema virá a medio e longo prazo

Ler novas
Acto Público con Ana Miranda

Ana Miranda: “É tempo de ter un escano propio, é tempo de darlle a este país unha voz enteira, permanente, sen dependencias de ningún tipo”

No  acto público celebrado onte no Milladoiro e  moderado pola voceira do Grupo Municipal do BNG de Ames, Escarlata Pampín, o protagonismo foi para as asociacións que lle plantexaron á candidata do BNG ao Parlamento Europeo as súas necesidades.

Ana Miranda resaltou que: “un dos traballos que nós facemos no Parlamento Europeo é estar na Comisión de Peticións precisamente para denunciar todas as  vulneracións que se dan aquí e para estar cos problemas da xente, porque a diferencia é que se o BNG non está en Europa, destes temas non ía falar ninguén”

Ler novas
David Santomil  e Escarlata Pampín

A Asemblea Local elixe a Escarlata Pampín como nova voceira do BNG de Ames

Da  Asemblea local, celebrada o pasado xoves 18  de abril no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, saíu unha nova voceira, Escarlata Pampín, actualmente concelleira en Ames. Escarlata pasou a súa infancia no Milladoiro, trasladouse despois a Bertamiráns e dende o 2020  vive en Ventosa. Ampla coñecedora da realidade amesá ,Escarlata foi durante o mandato pasado concelleira de Mocidade e de Normalización Lingüística.

 

Ler novas
Estrada AC 453

A deputada do BNG, Iria Carreira levará ao Parlamento a necesidade de mellorar a seguranza na estrada AC-453 de titularidade autonómica

 

A parlamentaria nacionalista desprazouse ata Piñeiro xunto co grupo municipal do BNG de Ames, o responsable local, e membros da asociación de veciños, onde verificaron que, tras anos de peticións da veciñanza e do propio BNG  para que esta estrada cumpra cos criterios de seguranza precisos, a situación de perigosidade non mudou

Ler novas