O NOMEAMENTO DA EX-CONCELLEIRA DE PODEMOS SAE ADIANTE CO VOTO DE CALIDADE DO ALCALDE.

O BNG de AMES vota en contra das PORTAS XIRATORIAS na Empresa Municipal de Augas

IMG_7952
IMG_7952
No Consello extraordinario que tivo lugar este martes, o BNG xunto coas outras forzas da oposición votou en contra do nomeamento de Genma Otero Uhía. 
O BNG de AMES vota en contra das PORTAS XIRATORIAS na Empresa Municipal de Augas

Coa nova empresa chegan a Ames as "portas xiratorias", hoxe no Consello de Administración da Empresa Pública de Augas de Ames, aprobouse co voto de calidade do alcalde o nomeamento de Genma Otero Uhía, ex-concelleira de Podemos no anterior goberno de Ames. Na votación todos os partidos da oposición, BNG, Espazo Común e Partido Popular, votaron en contra do nomeamento.
 

Dende o BNG atopamos conflitos de intereses, xa que os méritos que se valoran da candidata proposta son méritos moi cuestionables. Genma Otero foi membro da comisión do ciclo integral da auga e polo tanto, encargada de validar o modelo de cambio de xestión, encargouse tamén da coordinación e seguimento do proceso de municipalización onde participou nos traballos de preparación do expediente para a creación de dita entidade.

 

O grupo municipal cre firmemente que isto é motivo máis que suficiente para apartarse do proceso selectivo debido á súa implicación no pasado durante o proceso de creación da empresa municipal.

 

O BNG manifesta serias críticas o procedemento por falta de transparencia, documentación e información, sobre os méritos recoñecidos á candidata proposta.

 

Polo tanto, atopar o mellor xerente , para unha empresa pública de augas, require un enfoque meticuloso e multidisciplinario, definir claramente o perfil técnico do posto, utilizar procesos rigurosos de recrutamento e avaliación e centrarse en criterios en clave, para unha mellor xestión centrada na innovación e sostibilidade.

 

Os membros do Consello de Administración presentes por parte do BNG, preguntaron se na puntuación obtida pola persoa que se propón, se tivo en conta o tempo prestado en función de ser un cargo electo, e derivado diso como membro da Xunta de Goberno Local do Concello de Ames, en función da designación libre e discrecional do Alcalde.

As esixencias constitucionais de mérito, capacidade e igualdade están incumpridas cando se valora a experiencia nun posto cuxa obtención é resultado dun nomeamento totalmente libre, pois encarna un mérito que non estivo a disposición de todos os aspirantes.

 

Tendo en conta ademais, que chegamos a esta situación, porque precisamente nos trámites previos, todos os documentos non tiñan avais por informes de especialistas xurídicos e de intervención, e porque ademais se someteron de forma urxente ao consello de administración, sen dar tempo a advertir das eivas que aquí se expoñen, e como se dixo, foron detectadas por este tempo que se pediu para deixar o asunto sobre a mesa e estudalo en profundidade.

 

Malia o aprazamento e petición de documentación adicional, a documentación entregada aos membros do Consello de Administración foi totalmente insuficiente.

 

Dende o BNG De Ames, apostamos sempre por unha empresa pública para a xestión da auga. Unha empresa capaz de desenvolver un papel crucial na xestión de recursos, con obxectivos tan importantes para os veciños e veciñas como o suministro de auga potable, o tratamento de augas residuais, o mantemento de infraestructuras, a xestión financieira , a educación , a concienciación, o cumprimento regulatorio, a innovación ou a sostibilidade.

 

 

O BNG de AMES vota en contra das PORTAS XIRATORIAS na Empresa Municipal de Augas