É A PRIMEIRA VEZ QUE UN GOBERNO AMESÁN ENCABEZADO POLOS SOCIALISTAS INTENTA QUITAR A OPORTUNIDADE DA URXENCIA PARA NEGARSE A DEBATER UNHA MOCIÓN

O BNG leva a pleno unha moción para a xestión real e efectiva das colonias felinas do rural de Ames

CAMPAÑA COLONIAS FELINAS
CAMPAÑA COLONIAS FELINAS

 A urxencia desta moción vén motivada polo feito de que as veciñas e veciños do rural levan desde hai meses amosando a súa preocupación pola existencia de colonias felinas descontroladas, sen castrar, o que supón a súa inmediata proliferación,  sen atención veterinaria e sen máis  alimentación que a proporcionada pola propia veciñanza.  A lei establece  a obriga de atender ás colonias felinas por parte do Concello.

 

 

O BNG leva a pleno unha moción para a xestión real e efectiva das colonias felinas do rural de Ames

 

A moción presentada polo BNG de Ames fai referencia á aplicación do procedemento C.E.R. (Capturar- Esterilizar- Retornar), o único método que demostrou ser eficaz para controlar o crecemento da poboación de gatas e gatos rueiros.  Unha vez esterilizados, identificados e marcados, son devoltos ao territorio onde desenvolven a súa vida. Este método respecta o dereito á vida das gatas e gatos e mellora a súa calidade de vida. O procedemento tamén beneficia a todos os núcleos que ven unha solución ao descontrol das colonias  o que mellora a imaxe e a convivencia veciñal. Resaltar que é competencia do Concello establecer un protocolo de actuación para garantir o éxito do proxecto C.E.R, coa colaboración doutras entidades públicas, culturais, asociacións pola defensa do benestar animal, os veciños.... 

Pleno ordinario xuño
Pleno ordinario xuño

Pese á negativa do goberno do PSOE a  cumprir a lei e facerse cargo de atender aos animais, o BNG seguirá a loitar polo benestar das colonias felinas do rural. Hoxe comezamos unha recollida de sinaturas  porque, tal e como manifesta Rosalía Seijas, Concelleira do BNG de Ames: “Vai sendo hora  de que este goberno se tome en serio a  tarefa, de atender ás colonias felinas, coidando de que estes animais estean alimentados e se lles aplique o método CER para evitar que sigan proliferando, ofrecendo atención veterinaria cando lles faga falta e facilitando a adopción daqueles casos que poidan acceder a ela”.

O BNG leva a pleno unha moción para a xestión real e efectiva das colonias felinas do rural de Ames