A SITUACIÓN ACTUAL DO CONCELLO É DE ABSOLUTA INCERTEZA POLA FALTA DE ORZAMENTOS, POLO QUE O BNG SOLICITA QUE O GOBERNO OS NEGOCIE XA COA OPOSICIÓN

O BNG denuncia a incapacidade do goberno municipal de Ames para aprobar os vindeiros orzamentos

Grupo Municipal do BNG  á saída do pleno
Grupo Municipal do BNG á saída do pleno

 

  A finais de marzo a falta de presupostos de 2025, supón que  o orzamento do 2024  se atope prorrogado e existen unha serie de investimentos urxentes que é preciso acometer e non contan con crédito.

Os nacionalistas lamentan que sexa necesario a aprobación dun crédito extraordinario  para o funcionamento da cociña central,que dá servizo aos comedores dos centros escolares amesáns, ou da Factoría, lugar de ensaio e punto de xuntanza para a mocidade, simplemente pola ineficacia do goberno socialista

O BNG denuncia a incapacidade do goberno municipal de Ames para aprobar os vindeiros orzamentos

O Bloque Nacionalista Galego manifesta a súa preocupación polo feito de que a estas alturas do ano, Ames non conte co orzamento municipal actualizado  e que nin tan sequera comenzaran as negociacións coa oposición.  “Esta forma de actuar rompe coa forma de proceder que se viña dando nos gobernos tripartitos nos que sempre se negociaron os presupostos,como moi tarde, no primeiro trimestre do ano” salientou a voceira do grupo municipal, Escarlata Pampín. Para os nacionalistas demostra unha carencia de proxecto, xa que os orzamentos son unha ferramenta fundamental para a planificación e execución das políticas públicas e sen orzamentos actualizados, hai investimentos moi necesarios que se ven comprometidos, “como son os utilizados para a cociña central ou  A Factoría” sinalou.

No pleno deste xoves foi preciso aprobar un crédito extraordinario para varios investimentos inaprazables como, por exemplo que na cociña central se leven as cabo as obras necesarias para mellorar o funcionamento do servizo de comedores escolares e  os servizos de conciliación ou  o arranxo da cuberta do local  A Factoría que se atopa en mal estado e provoca un perigo para os usuarios e usuarias da  instalación. 

A falta dos orzamentos de 2025 supoñen a paralización doutros moitos investimentos e servizos  como son o centro multifuncional do Milladoiro, cuxa licitación está pendente de crédito adecuado, o cumprimento do acordo unánime para a  actualización da RPT dos traballadores do Concello ou o presuposto da empresa pública EPEL Augas de Ames

“É preocupante que chegando ao mes de abril  o goberno local, estando en minoría,  non informe nin teña en conta ao resto de formacións políticas para aprobar os orzamentos deste ano”. Un feito que evidencia a falta de capacidade para negociar e chegar a acordos coa oposición, o que repercute negativamente nos servizos públicos e na xestión dos recursos. “É unha cuestión de falta de responsabilidade e planificación que paga a veciñanza e que demostra a  súa inestabilidade e esgotamento político” , afirmou Pampín.

O BNG denuncia a incapacidade do goberno municipal de Ames para aprobar os vindeiros orzamentos