A DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE AMES LÉUSE ESTA MAÑÁ NUN DÍA CHUVIOSO TAL E COMO INFORMABA A PREDICIÓN METEOROLÓXICA XA A SEMANA PASADA E DENTRO DA CASA CONSISTORIAL

O BNG de Ames lamenta que o goberno municipal adie a reivindicación do 8M para non comprometer o congreso do PSOE

O BNG na manifestación do 8M este sábado en Santiago
O BNG na manifestación do 8M este sábado en Santiago

Os nacionalistas critican que o goberno municipal utilizase o mal tempo como escusa para adiar a conmemoración do Día da Muller, cando en realidade buscaba non interferir no congreso do PSdeG

O BNG de Ames lamenta que o goberno municipal adie a reivindicación do 8M para non comprometer o congreso do PSOE

O Bloque Nacionalista Galego de Ames quere manifestar o seu profundo rexeitamento á decisión do alcalde de Ames de adiar os actos de reivindicación do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, coa escusa das condicións meteorolóxicas adversas. Consideramos que este aprazamento non responde a razóns climatolóxicas, senón á vontade de non interferir no congreso rexional do Partido Socialista de Galicia (PSdeG), celebrado esta fin de semana.

Resulta evidente a falta de compromiso do goberno municipal co movemento feminista cando prefire relegar a loita polos dereitos das mulleres a un segundo plano para non afectar os intereses do seu partido. É especialmente rechamante que o secretario xeral do PSdeG si participase na manifestación convocada en Santiago de Compostela o propio 8M, a pesar das mesmas condicións meteorolóxicas que o alcalde de Ames utilizou como escusa para adiar o acto local.

Desde o BNG de Ames reivindicamos que a loita feminista non pode supeditarse a axendas políticas nin a cálculos partidistas.O Día Internacional da Muller é unha data de
enorme importancia na loita pola igualdade,e ningunha escusa pode xustificar o seu adiamento cando en moitos outros lugares os actos e manifestacións se desenvolveron con total normalidade.

 

Lectura da Declaración Institucional do 8M, realizada o 10 de marzo
Lectura da Declaración Institucional do 8M, realizada o 10 de marzo

A Declaración Institucional do Concello de Ames léuse esta mañá  nun día  chuvioso tal e como informaba a predición meteorolóxica xa a semana pasada e dentro da Casa Consistorial

O compromiso co feminismo demóstrase con feitos e non con palabras baleiras. Por iso, instamos ao goberno municipal a que se tome en serio as reivindicacións do 8M e que priorice a defensa dos dereitos das mulleres por riba de intereses partidistas.

 

O BNG de Ames lamenta que o goberno municipal adie a reivindicación do 8M para non comprometer o congreso do PSOE