NA XUNTANZA CELEBRADA ESTE XOVES COA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS, O DEPUTADO LUIS BARÁ E A VOCEIRA DO BNG DE AMES ESCARLATA PAMPÍN, ANALIZARON A SITUACIÓN ACTUAL DO POLÍGONO.

O BNG volverá a reclamar a gratuidade da AP-9 e a mellora nas condicións de accesibilidade ao Polígono Novo Milladoiro

Reunión coa AE Novo Milladoiro
Reunión coa AE Novo Milladoiro
 A necesidade dun acceso directo cara o parque empresarial sen ter que pasar pola rotonda de entrada ao Milladoiro e os problemas que provoca o novo plan de mobilidade implantado polo Concello son as son as súas principais reivindicacións
O BNG volverá a reclamar a gratuidade da AP-9 e a mellora nas condicións de accesibilidade ao Polígono Novo Milladoiro

 O presidente da Asociación de Empresarios do Novo Milladoiro,Javier Santos, incidiu na necesidade de que o parque empresarial conte  cunha vía de acceso propia que permita que os vehículos que se dirixen diariamente ás empresas non teñan que pasar pola rotonda de entrada ao Milladoiro, mellorando así as condicións de accesibilidade. O  BNG de Ames, comprometeuse a seguir demandando  esta actuación que tal e como afirma a voceira, Escarlata Pampín, “ tiña que estar xa realizada, dado que  se trataba  dun proxecto ideado como paso previo á humanización que permitiría ter un tráfico fluído no Milladoiro”. 

Neste sentido o deputado Néstor Rego, rexistrará unha pregunta ao Ministerio sobre o retraso no proxecto da variante de acceso para conectar a saída AG-56 coa Avenida do Muiño Vello.

Outro pedimento da Asociación de Empresarios do Novo Milladoiro é que se solucionen os problemas  que está a provocar o plan de mobilidade promovido polo goberno municipal. A reorganización do tráfico rodado con tres vías dun único sentido: a rúa das Hedras, a da Xesta e das Palmeiras, xunto coa reserva de espazos para aparcadoiro impedían que os vehículos de grandes dimensións puidesen manobrar axeitadamente para levar a cabo o seu traballo diario. A resposta do goberno socialista foi prohibir estacionar nestas rúas, o que non resolve o problema de aparcadoiro, obxectivo principal desta medida, e a maiores impide o correcto desenvolvemento da actividade empresarial. 

Así mesmo o deputado nacionalista Luis Bará, sinalou que “dende o BNG ofrecemos todo o apoio á asociación para impulsar os proxectos pendentes e  a transformación urbana da Avenida Rosalía de Castro, que nós pensamos que ten que ser un elemento de revitalización de toda a vida urbana e do comercio e que pasa tamén por liberar de peaxe a AP9 para descargar de tráfico esta zona” .
 

 

O BNG volverá a reclamar a gratuidade da AP-9 e a mellora nas condicións de accesibilidade ao Polígono Novo Milladoiro