O BNG de Ames analiza con Goretti Sanmartín e membros do equipo de goberno temas comúns a ambos concellos

O grupo municipal do BNG  de Ames e membros do goberno municipal de Santiago
O grupo municipal do BNG de Ames e membros do goberno municipal de Santiago


Na xuntanza mantida este martes en Compostela a voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín, expuxo o interese do seu grupo municipal no parque comarcal de bombeiros. Outro dos asuntos abordados na reunión foi a necesidade de mellorar o Plan de Transporte Metropolitano. 

 

O BNG de Ames analiza con Goretti Sanmartín e membros do equipo de goberno temas comúns a ambos concellos

Escarlata Pampín, voceira do grupo municipal do BNG de Ames, incidiu  en que “para o noso  grupo é prioritario que a veciñanza conte cun parque comarcal de bombeiros” e engadiu. “esta necesidade vén xa de moitos anos atrás,  Ames, polo censo que ten, está  obrigado a contar cun servizo propio de bombeiros e seguimos carecendo desta prestación absolutamente imprescindible”. 

Pampín coincidiu tamén con Goretti na exixencia de que a comarca de Santiago dispoña dun Plan de Transporte Metropolitano acorde ás demandas da poboación, “porque un bo sistema de transporte público fomenta a igualdade e a cohesión do territorio” manifestaron.

 A pertinencia dunha  AP-9 pública,galega e gratuíta en todo o país, é tamén un tema de total acordo entre ambas. “O goberno central  ten a obriga de rematar o proceso de transferencia da titularidade e competencias sobre a AP-9” afirman “non debemos esquecer que a concesión desta autoestrada  que concluía orixinariamente en 2012, está agora mesmo prorrogada ata 2048 e  é unha concesión investigada por Europa tras tres prórrogas distintas” recalcan. 

A depuradora da Silvouta ou a senda que unirá Santiago co Milladoiro, foron outras das cuestións tratadas nesta xuntanza en Compostela.

 

 

O BNG de Ames analiza con Goretti Sanmartín e membros do equipo de goberno temas comúns a ambos concellos