“TEMOS QUE PROTEXER O DEREITO Á VIVENDA EN AMES”

O BNG de Ames estuda coa Plataforma Galega Vivenda Xa! solucións á actual situación

A voceira do BNG de Ames,Escarlata Pampín e  a concelleira, Rosalía Seijas cos portavoces da Plataforma Galega Vivenda Xa!
A voceira do BNG de Ames,Escarlata Pampín e a concelleira, Rosalía Seijas cos portavoces da Plataforma Galega Vivenda Xa!

 

 Na xuntanza mantida este mércores, a voceira do grupo municipal do BNG de Ames, Escarlata Pampín afirmou que “non podemos permitir que a vivenda se convirta nunha simple mercadoría, é preciso blindar o dereito de acceso de todas as persoas a unha vivenda digna e adecuada que satisfaga as súas necesidades básicas”.

 

O BNG de Ames estuda coa Plataforma Galega Vivenda Xa! solucións á actual situación

A Plataforma Galega Vivenda Xa!  nace pola necesidade de poñerlle remedio á situación actual que califican de altamente preocupante, “o encarecemento dos prezos de compra e alugueiro, a escaseza de vivenda pública, a existencia de vivendas baleiras sen uso e o deterioro do parque habitacional son algúns dos factores que dificultan o acceso a un fogar digno especialmente para a poboación máis vulnerable” explica Iria Nande, voceira da Plataforma.

 A búsqueda de solucións a esta realidade insostible, levou ao  BNG de Ames, a plantexar esta xuntanza coa intención de “formular propostas que eviten tamén no noso concello a especulación en materia de vivienda, como son solicitar á Xunta de Galicia a declaración de zona tensionada ou controlar o auxe das viviendas de uso turístico”, explica Pampín.

Este venres 9 de maio, ás 12:00 a Plataforma Galega Vivenda Xa! ten convocada una concentración en San Caetano na que presentarán as súas demandas á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, como a declaración de zonas tensionadas, a creación dun Banco Galego de Vivenda para aluguer social, a solicitude á SAREB da cesión de vivendas e a rehabilitación con finalidade social. Unha concentración que contará coa presenza do BNG de Ames que tamén reclama accións urxentes para evitar que a crise da vivenda siga sendo un obstáculo para a cidadanía.

 

O BNG de Ames estuda coa Plataforma Galega Vivenda Xa! solucións á actual situación