ESTANSE LIMITANDO A EXECUTAR O QUE XA ESTABA EN MARCHA

Ames vive nunha situación de incerteza, cun goberno feble e sen iniciativa

Grupo BNG
Grupo BNG

 

Cando se cumpre un ano das últimas eleccións municipais, nas que obtivemos un resultado histórico pasando de tres a cinco concelleiros, dende o BNG insistimos en que a actividade do goberno municipal limítase a vender o que nós implantamos nas distintas áreas de goberno que xestionamos. Apúntanse o mérito, con altas doses de publicidade pagada con fondos públicos e fotos, pero o problema virá a medio e longo prazo

Ames vive nunha situación de incerteza, cun goberno feble e sen iniciativa

Esta realidade quedou reflectida en determinados acordos que denunciamos, como foi a eliminación daqueles investimentos que o goberno municipal non consideraba prioritarios, como as obras en Trasmonte ou en Biduído ou a recente suba no prezo das merendas nas escolas infantís municipais. 

Por outra parte, os veciños e veciñas comezan a darse conta de que Blas García é unha persoa dialogante ata que lle levan a contraria, como poden comprobar co proxecto de humanización da N550 ou na comunicación coas ANPAS do Concello que denuncian falta de transparencia.

Pola contra, “o BNG de Ames sempre tendeu a man para aportar estabilidade ao Concello, como demostramos coa facilitación da aprobación dos orzamentos mediante a abstención. Aínda que isto non senta precedente para os próximos anos, xa que o BNG actuará sempre a prol da veciñanza e nunca de intereses de partido ou persoais” Sinala a  voceira, Escarlata Pampín.

O BNG comezou dende o minuto un deste mandato a facer un traballo de oposición construtiva e a mostrarse como alternativa de goberno municipal dentro de tres anos, facendo política pensando sempre e unicamente no beneficio das persoas. 

Estamos e estaremos sempre ao lado da veciñanza no noso empeño de mellorar a vida das amesás e dos amesáns por medio de todas as institucións ás que teñamos acceso, poi iso a nosa parlamentaria nacionalista María Cristina Fernández Davila nos levou ao Parlamento a problemática dos libros de texto coa implantación do E-Dixgal e próximamente trasladaremos a necesidade de mellorar a seguranza na estrada AC-453 de titularidade autonómica mediante a nosa deputada Iria Carreira; de igual xeito a  Eurodeputada Ana Miranda viaxou a Ames para apoiar as demandas do Grupo Municipal do BNG no referente ao transporte metropolitano.

Sempre traballando de forma positiva para a veciñanza, foi a propia cidadanía amesá  a  que avalou a nosa xestión, dándonos un maior apoio en cada proceso electoral ,así nas autonómicas o BNG de Ames acadou un 36,44% dos votos deste concello o que nos leva a seguir traballando sen descanso polas amesás e amesáns.

Ames vive nunha situación de incerteza, cun goberno feble e sen iniciativa