SOLICITAN QUE SE POÑAN TODOS OS MEDIOS POSIBLES POR PARTE DO GOBERNO MUNICIPAL PARA A RECONDUCIÓN DA SITUACIÓN POLO BEN DE TODOS E DE TODAS.

No pleno de maio do concello de Ames debaterase a reprobación da concelleira de Educación, Carmen Porto Rey

As concelleiras Escarlata  Pampín e Luísa Feijoo
As concelleiras Escarlata Pampín e Luísa Feijoo

Motivada pola solicitude da maioría das ANPAS dos centros educativos do concello de Ames, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de
Ames e Espazo Común, levan unha moción para a reprobación da concelleira de Educación, Carmen Porto Rey, que foi presentada por rexistro o 14 de maio.

No pleno de maio do concello de Ames debaterase a reprobación da concelleira de Educación, Carmen Porto Rey

No Consello Escolar Municipal Extraordinario que se celebrou o pasado 16 de abril, solicitado por parte das ANPAS e de tódolos grupos da oposición, prodúcense unha serie de ataques cara membros dalgunhas ANPAS (incluso persoais) e mesmo desencontros coa dirección dalgúns dos centros do concello de Ames.  Ademais trasladáronse , fora da orde do día, decisións tomadas de xeito unilateral por parte do goberno municipal e descoñecidas por parte dos membros da comunidade educativa alí presentes, deixando claro o afán de imposición deste goberno sen ter en conta ás ANPAS e ás familias.  

Dende aquel momento non houbo ningún tipo de intención de achegamento para reconducir a situación por parte da concelleira e dende a concellaría, tampouco se está a dar resposta ás solicitudes de información  por parte das ANPAS. Polo que actualmente a relación entre as ANPAS e Dona Carmen Porto Rey é inexistente. Esta falta de confianza e de entendemento coa comunidade educativa imposibilita o bo funcionamento dunha das áreas máis importante do concello de Ames que destaca por ser un dos poucos concellos de Galicia que esquiva o descenso demográfico mantendo un saldo vexetativo positivo e un constante crecemento poboacional, favorecido polos programas educativos que fomentan a conciliación laboral e familiar. 

 

No pleno de maio do concello de Ames debaterase a reprobación da concelleira de Educación, Carmen Porto Rey