O BNG APOSTA POR REALIZAR UNHA ACTUALIZACIÓN DAS COTAS DO SERVIZO SEN PERXUDICAR ÁS FAMILIAS QUE ESTÁN NUNHA SITUACIÓN PRECARIA E ASUMINDO POR PARTE DAS RENDAS MÁIS ALTAS ESTE SOBRECUSTO EN ARAS DUNHA POLÍTICA FISCAL PROGRESIVA
O BNG VOTA EN CONTRA NO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL Á PROPOSTA DA SUBA DA TAXA ÁS RENDAS MÁIS BAIXAS
Os nacionalistas botan en falta un estudo de custo real e a actualización do Plan económico Financeiro que permitirían ter unha coñecemento real e actual do servizo
O BNG considera tendenciosos os titulares do alcalde de Ames ao respecto do que acontece no Consello Escolar Municipal cando se toman decisións importantes respecto da suba nos servizos de conciliación
O concelleiro Carlos Vieito, como representante do BNG no Consello Escolar Municipal de Ames, trasladou aos alí presentes as propostas realizadas polo grupo municipal do BNG.
A proposta dos nacionalistas pasa por realizar un estudo de custos onde se inclúan as amortizacións. “Mesmo sería interesante realizar un Plan económico financeiro da Rede Municipal de Comedores Escolares do Concello de Ames actualizado posto que, este instrumento axudaría a establecer os obxectivos económicos da rede de comedores, ao igual que as estratexias a alcanzar a corto, medio e largo prazo” salientou o concelleiro. Isto permitiría ter un maior coñecemento da realidade do servizo e dos factores externos do noso concello que inflúen neste.
En base a unha política fiscal progresiva deberíase aliviar ou polo menos non cargar máis ás familias que menos ganan e pedir un maior esforzo dos grandes patrimonios, “por iso a nosa proposta é que non se suban as cotas dos tramos que comprenden ata o 75% ao 85% IPREM, e dicir que o primeiro tramo ao que se lle aplique a subida proposta polo Goberno Municipal sexa ao do 85% a 100% do IPREM”. Con posterioridade, as actualizacións conforme ao IPC que se aplicasen a todos os tramos, por ser subidas cunha carga menor.
O BNG considera incluír no patrón proposto segundo a frecuencia de uso en cada tramo, crear unhas novas frecuencias de maior do 250% A 300% IPREM, maior de 300% a 350% IPREM e maior de 350% a 400% IPREM.
“Consideramos que a creación destes novos tramos vai en consonancia coa idea proposta sobre a aplicación da progresividade e cargar máis a quen máis gaña” sinalou Vieito.
Por outra banda, o goberno leva esta proposta de subida a un Consello Escolar extraordinario no mes de xullo para aplicalo no curso que vai comezar en setembro de 2024, porén, dende o BNG de Ames enténdese que os prezos deben estar fixados cando os usuarios e usuarias formalizan a renovación ou a inscrición no servizo.
A voceira municipal do BNG, Escarlata Pampín, destacou que “é significativo que as primeiras subas deste goberno en minoría sexa en servizos básicos e esenciais no noso concello como son as merendas das escolas infantís e os programas de conciliación, fronte ao seu incremento no gasto noutras partidas orzamentarias, que si parecen ser prioritarias para este goberno, como a de publicidade e propaganda”.
“Non entendemos a présa deste goberno socialista en minoría por subir as cotas do servizos de comedores e lúdicos neste curso, podendo realizar unha mellor análise do servizo e aplicalas ao curso 2025/2026. Segue a ser indicativo do rumbo deste goberno con respecto aos servizos de conciliación” explicou.