PARA COMMEMORAR OS CEN ANOS DA CREACIÓN DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS, O CONSELLO DA CULTURA GALEGA, A REAL ACADEMIA E O MUSEO DO POBO GALEGO ORGANIZARON UNHA SERIE DE ACTIVIDADES QUE CONTARON COA COOPERACIÓN DO BNG.
O Grupo Municipal do BNG de Ames participa xunto co de Santiago nos actos de celebración do centenario do Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro 1923 un grupo de ilustres estudantes da Universidade de Santiago (Fermín Bouza-Brey, Xosé F. Filgueira Valverde, Xosé Pena e Pena, Wenceslao Requejo Bouet, Lois Tobío e Alberto Vidán Freiría) camiñaron xuntos dende Compostela ata a casa na que pasou a súa nenez Rosalía de Castro en Ortoño Ames). Alí concibiron a idea de constituír un grupo dedicado á investigación da cultura galega. A eles sumáronse Xulián Magariños Negreira, Ramón Martínez López e Francisco Romero Lema para asinar a constitución do Seminario de Estudos Galegos (SEG) baixo a presidencia do profesor Armando Cotarelo Valledor.
Cen anos despois, e para festexalo, este xoves planificouse unha andaina que saíu ás 9:00 do Paseo Central da Alameda de Santiago para camiñar ata Ortoño que compartiron os membros do BNG de Ames, á chegada á casa de Rosalía, fíxose unha ofrenda floral á que seguiu un acto institucional no campo da festa de Ortoño e romaría con xantar e música.