O PROXECTO DE HUMANIZACIÓN DO MILLADOIRO TEN CARÁCTER SUPRAMUNICIPAL E AFECTA DIRECTAMENTE AOS CONCELLOS DE SANTIAGO, AMES E TEO, Á XUNTA DE GALICIA E AO ESTADO. É NECESARIO CHEGAR A CONSENSOS E ACORDOS, APELANDO Á COOPERACIÓN INSTITUCIONAL.
O BNG de Ames apoia o proxecto de humanización do Milladoiro dende a necesidade de atopar unha variante desdobrando o Corredor Pardiñas-Galanas e eliminando peaxes da AP9 Santiago- Padrón
No día de onte a Xunta de Galicia avanzou mediante o presidente da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, a intención de presentar un recurso contra o proxecto de humanización da travesía do Milladoiro, que supón un investimento de máis de 5 millóns de euros no núcleo máis poboado do municipio.
O Alcalde de Ames, tachou de falta de respecto institucional non establecer comunicación previa co Concello de Ames, que se decatou pola prensa de que o ente autonómico vai intentar paralizar o investimento.
Dende o BNG sempre apoiamos o proxecto de humanización da Trravesía do Milladoiro na N-550 dende a necesidade de atopar unha variante desdobrando o corredor Pardiñas - Galanas e eliminando peaxes da AP9 Santiago - Padrón.
O PP de Ames xa sempre dixo estar en contra do proxecto de humanización, o que ao BNG non nos sorprende. Esta disputa co goberno da Xunta é un golpe de realidade para o Alcalde, que ten como socio sombra ao PP de Ames e xa se ve como responden.
Por outra parte, dende o grupo municipal do BNG de Ames queremos lembraar que o goberno do Estado ten pendente acondicionar a rotonda das Galanas para facilitar o xiro dos camións desviados polo Corredor Pardiñas – Galanas, o cal a día de hoxe non o fixo.