O BNG de Ames presenta a súa lista completa ás eleccións do 28M

BNG Ames candidatura municipais 2023
BNG Ames candidatura municipais 2023

David Santomil: “É unha candidatura que sae a gañar porque é un fiel reflexo da sociedade amesá”

 
O BNG de Ames presenta a súa lista completa ás eleccións do 28M

O BNG de AMES vén de completar a lista coa que concorrerá ás próximas eleccións autonómicas do 28 de maio, que encabeza o actual tenente de alcalde, David Santomil, acompañado de 21 veciños e veciñas que son “fiel reflexo da sociedade amesá”.

“Trátase dunha lista equilibrada, con representación dos diferentes sectores, idades e ámbitos territoriais; unha candidatura que sae a gañar”, en palabras do propio Santomil, que está certo de que se dan as condicións idóneas para que o BNG teña un “moi boresultado e teñamos en Ames un alcalde do BNG”.

Santomil recoñece que a actual coxuntura política a nivel estatal pode condicionar a campaña e os resultados, pero asegura que “é o momento” do BNG, tanto no concello como no país, polo que se amosa moi optimista e confiado en ser a “alternativa á esquerda” que poida poñer freo ao PP.

As actuais concelleiras de Cultura e Comunicación, Natividade González, e de Lingua e Mocidade, Escarlata Pampín, repiten nos postos 2 e 3 que, xunto aos nomes dos 11 primeiros candidatos/as xa foran dados a coñecer nun acto celebrado o pasado 24 de febreiro no Milladoiro.

Acorde aos principios asamblearios do BNG, a lista foi consensuada e avalada pola militancia nas súas asambleas locais e comarcais e tamén serán presentadas publicamente nun acto que se celebrará nas próximas semanas.

Solvencia, experiencia, mocidade e preparación son algunhas das fortalezas salientadas polo cabeza de lista sobre o equipo do que se vai acompañar nos vindeiros días, do que está convencido que farán un grande traballo de recibir o apoio da cidadanía.

O BNG Ames salienta os distintos perfís cos que se tenta abranguer toda a realidade amesá, ao contar con candidatos/as proveñentes do sector sanitario, educativo, empresarial, traballador autónomo, xente moza, etc.

O BNG Ames, na súa reunión do Comité de Campaña celebrada esta fin de semana, pechou a presentación da lista e marcou xa a folla de ruta para as próximas semanas, nas que celebrarán diferentes encontros sectoriais cos que completar a redacción dun programa co que agardan dar resposta ás principais demandas de toda a cidadanía, sempre dende o realismo, a responsabilidade e o aval dos feitos e os cumprimentos demostrados nos últimos anos.

 

BNG de Ames

 

Candidatura do BNG de Ames para o 28M:
1. David Santomil Mosquera
2. Natividade de Jesús González Rodríguez
3. Escarlata Pampín López
4. Alexandre Espinosa Menor
5. Rosalía Seijas Tuñas
6. Carlos García Vieito
7. Eva Blanco Fernandez
8. Felix Paz Castañal
9. María Xose Abuín
10. Xesús Casas García
11. Rosa Isabel Moares Rey
12. Juan Ramón Tocino Barreiro
13. Iria Pérez Álvarez
14. Alberto Ramos Caneda
15. María Isabel Castro Duro
16. Xerardo García Mera
17. Ana Iglesias Otero
18. Enrique Jose Blanco Gómez
19. Paula Castro Lago
20. Manuel Trigo Álvarez
21. Isabel Vaquero Quintela
Suplentes
1. Mercedes Vidal Baamonde
2. Xose Cougil Bugallo
3. Juan Jose Hidalgo Neira
4. Ana Castaño Carou

 

 

O BNG de Ames presenta a súa lista completa ás eleccións do 28M