O BNG de Ames amplía a súa representación e será determinante para acada unha maioría estable
Suma dúas novas actas de concelleiro/a e experimenta o maior crecemento nunhas eleccións municipais en Ames.
O BNG DE AMES AMPLÍA A SÚA REPRESENTACIÓN NA CORPORACIÓN MUNICIPAL E SERÁ DETERMINANTE PARA ACADAR UNHA MAIORÍA ESTABLE
Suma dúas novas actas de concelleiro/a e experimenta o maior crecemento nunhas eleccións municipais en Ames
A Asemblea do BNG de Ames fai unha valoración positiva dos resultados acadados nas eleccións municipais do pasado 28 de maio de 2023. Uns resultados que permiten acadar 5 concelleiros/as e ser a forza política que máis medra en Ames, incrementando 5,53 puntos porcentuais do voto en relación ao ano 2019.
O BNG de Ames tamén se parabeniza da maioría clara das forzas de esquerda, que indica que a cidadanía de Ames votou, claramente, por un goberno de progreso, así como por evitar a entrada da extrema dereita na Corporación, feito que tamén loitaremos por acadar nas vindeiras eleccións xerais e deixar a esta sen presentación na Galiza.
Hoxe día 7 de maio comezará o proceso de negociación entre os Socialistas de Ames e o BNG de Ames para intentar acordar unha maioría estable neste mandato, para o que suman un total de 13 concelleiros/as dos 11 necesarios para a maioría absoluta.
Finalmente, a Asemblea quere agradecer a todas as veciñas e veciñas o apoio recibido e o traballo realizado polos membros da candidatura e a súa militancia, que resultou fundamental para mellorar os resultados electorais e gañar máis presenza na próxima Corporación.
Ames, 7 de xuño de 2023
BNG de Ames