TIVEMOS 2547 VOTOS, UN 20,17% DOS SUFRAXIOS

O BNG segue medrando en Ames

Ana Miranda e o BNG de Ames
Ana Miranda e o BNG de Ames
Nas últimas eleccións europeas o BNG obtivo en Ames un 20,17% dos votos, un incremento de máis dun 5% con respecto aos
comicios europeos do 2019. Foron 2547 sufraxios que confirmaron a confianza nas nosas políticas.
O BNG segue medrando en Ames

O Grupo Municipal do BNG de Ames quere agradecer á militancia e a todos os votantes o traballo feito para conseguir un escano plenamente galego.

Na serie histórica das eleccións europeas celebradas no noso concello é destacable que acadamos o maior número de votos desde hai 20 anos, máxime tendo en conta que estas eleccións non coincidían con nengún outro comicio.

voto BNG Elecciones europeas 2009-2024
voto BNG Elecciones europeas 2009-2024

 

Hoxe podemos asegurar que Galiza contará en Europa. “Somos a mellor ferramenta para defender ao pobo galego aquí, en Madrid e en Europa”, manifestaba Ana Miranda.
E témolo escano grazas á cidadadanía galega, que día a día percibe que os seus problemas só poderán chegar a Europa e porlles solución da man do BNG, da voz de Ana Miranda.
Unha vez máis queremos recoñecer que esta vitoria é das galegas e galegos que escolleron ao BNG para representar a nosa terra, loitar por ela e acadar unha Europa da paz. “Seremos a voz forte de Galiza e de todas as causas xustas da humanidade e sempre leais ao pobo galego”, recalcou Miranda,

A todas e todos, GRAZAS!

 

O BNG segue medrando en Ames