“SEGUIREMOS TRABALLANDO SEN DESCANSO POLA CALIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS, O INCREMENTO DAS POLÍTICAS SOCIAIS, E A COOPERACIÓN CO TECIDO ASOCIATIVO”

O BNG de Ames comeza ano estreando Responsable Local: Alberto Ramos Caneda

Alberto Ramos Caneda
Alberto Ramos Caneda

A Asemblea Local, aprobou por unanimidade a candidatura de  Alberto Ramos, nun acto no que se puxo en valor o traballo realizado polo ata o de agora Responsable, Carlos Vieito.
Esta renovación dase dentro do proceso iniciado na XVIII Asemblea Nacional celebrada o pasado 1 de decembro.

O BNG de Ames comeza ano estreando Responsable Local: Alberto Ramos Caneda

Veciño de Covas, Alberto  Ramos é militante do BNG dende os 16 anos, inicialmente en Galiza Nova en O Grove. Médico psiquiatra, traballa na Sanidade Pública en consultas de Conxo e A Estrada. Imparte charlas sobre saúde mental e prevención de suicidio, tanto para a mocidade como para asociacións de veciñas, colaborando recentemente con algunha no concello, como a Asociación de Veciños “San Pedro” de Bugallido.

 Sobre a súa nova responsabilidade, Alberto Ramos sinalou que “é unha honra que as compañeiras e os compañeiros  me escollesen, o meu obxectivo é seguir fortalecendo o BNG de Ames, traballando cada día para mellorar as condicións de vida da veciñanza e consolidando ao BNG como a alternativa de goberno necesaria nas vindeiras eleccións municipais”.

Neste sentido o BNG de Ames reitera o seu compromiso coa veciñanza e ponse ao seu dispor para todo aquilo que se precise a través dun equipo absolutamente cohesionado e con experiencia.

“Seguiremos traballando sen descanso pola calidade dos servizos públicos, o incremento das políticas sociais, e a cooperación co tecido asociativo”, declarou Alberto Ramos ,que formou parte da candidatura do BNG de Ames nas eleccións municipais de 2023.

O BNG de Ames comeza ano estreando Responsable Local: Alberto Ramos Caneda