O GRUPO MUNICIPAL CONSIDERA QUE SE TRATA DUNHA ESTRATEXIA PLANEADA DO GOBERNO DO PP PARA SEGUIR DESMANTELANDO A SANIDADE PÚBLICA

O BNG de Ames denuncia de novo a falta de persoal no servizo de pediatría do Centro de Saúde de Bertamiráns

Centro de Saúde de Bertamiráns
Centro de Saúde de Bertamiráns

O pasado mes de agosto o BNG de Ames levou a pleno unha moción,que se aprobou por unanimidade, na que se esixía á Xunta de Galicia a dotación do persoal necesario que garantise a atención pediátrica pola tarde no centro de saúde

O BNG de Ames denuncia de novo a falta de persoal no servizo de pediatría do Centro de Saúde de Bertamiráns

 Xa daquela o grupo municipal facíase eco das demandas das sanitarias, que expresaban a súa preocupación  tanto polo estado no que se atopa o edificio como pola falta de persoal, que  redunda na atención inadecuada aos doentes. 

A día de hoxe a situación é,se cabe, peor.  Nun concello como o de Ames,cualificado como a única reserva demográfica galega, as familias enfróntanse a unha situación insoportable: de luns a venres polas tardes, en horario de consulta son derivadas ao servizo de PAC onde son atendidas por un médico de familia pola falta de pediatra.
“Preocúpanos moito que o elevado número de nenas e nenos do noso concello carezan dun dereito básico e primordial para a infancia e que consideramos que sempre debe estar garantido”, asevera a voceira Escarlata Pampín.

A falta de solucións para un problema denunciado polo BNG de Ames en multitude de ocasións leva ao grupo municipal a considerar que se trata dunha estratexia planeada do goberno do PP para seguir  desmantelando a sanidade pública  “ Se quixesen facelo, tiveron anos de sobra para adoptar  as medidas necesarias e non seguir escusándose na falta de médicos, pero claro, hai que querer facelo”, apunta Pampín.

O BNG de Ames denuncia de novo a falta de persoal no servizo de pediatría do Centro de Saúde de Bertamiráns