A MOCIÓN PRESENTADA NO PLENO DE AMES PARA SOLUCIONAR A FALTA DE PROFESORADO E DE TRANSPORTE ESCOLAR FOI APROBADA

O BNG levará ao Parlamento as carencias do CEP Plurilingüe de Ventín

Reunión do BNG de Ames co equipo directivo e a ANPA do  CEP de Ventín
Reunión do BNG de Ames co equipo directivo e a ANPA do CEP de Ventín

 

As concelleiras do BNG de Ames Natividade González, Escarlata Pampín e Rosalía Seijas, xunto co concelleiro Carlos Vieito acudiron, ao CEP Plurilingüe de Ventín onde  tiveron unha xuntanza co equipo directivo e a ANPA para estudar as  necesidades do centro e trasladalas ao Parlamento.  No pleno de Ames deste xoves a moción presentada polo BNG  instando á Xunta a cumprir cos cocientes máximos, a dotar aos centros educativos de Ames do persoal docente e de apoio necesarios e proporcionar os autobuses suficientes ao servizo de trasporte escolar para que non se produza o desdobre de ningunha liña, saíu adiante cos votos favorables do PSOE, BNG e Espazo Común e a abstención do PP

O BNG levará ao Parlamento as carencias do CEP Plurilingüe de Ventín

O CEP Plurilingüe de Ventín é un dos maiores centros de Educación Primaria de Galicia, con máis de 600 alumnos a efectos de cocientes, un colexio saturado que precisa con urxencia de máis profesorado. En palabras de María Pérez Escariz, directora do centro “Todas as aulas teñen máis de 20 alumnos contando cos estudantes con discapacidade recoñecida. Non se pode desdobrar porque non hai espazo físico, salvo no verán que si que o propuxemos pero non o permitiron”. Este problema  viuse potenciado coa redución a 23 horas de docencia porque non foi compensado aumentando o profesorado do centro nin enviando os mestres de apoio que lles corresponde, polo que o alumnado ve minguado o seu dereito a unha educación de calidade.

 Hai que recordar que este centro atende a un alumnado moi diverso, algúns con serias dificultades, incluso co idioma e non totalmente escolarizados e que por tanto precisan de máis persoal “ veñen con situacións moi complicadas e necesitan dun apoio xa non só educativo, necesitan un seguimento,un profesor de referencia,  un apoio emocional e non podemos darllo”recalca María Pérez. O problema acrecentarase no segundo trimestre onde se vai incorporar novo alumnado.

Outro problema é o ocasionado co desdobre das liñas do transporte escolar que impide que o alumnado chegue a tempo, por exemplo,  ás actividades extraescolares.  “Por lei se queren facilitar a conciliación teñen que mandar máis autobuses porque este centro está no rural e teñen dereito. Non se trata de quendas, senón de aumentar o transporte porque todo o alumnado ten que chegar puntual. Ademais o transporte está xestionado por  unha empresa externa e sen embargo é dende o centro onde teñen que organizar as quendas dos 541 alumnos e alumnas o que implica menos tempo do profesorado para poder adicar ao estudantes coa conseguinte diminución da calidade educativa do alumnado.” Sinala Margarita Murillo, da ANPA.

Tanto o equipo directivo como a ANPA, teñen claro que “a única opción é máis profesorado e máis transporte porque Milladoiro ten dereito a unha boa calidade educativa” afirman María Pérez e  Margarita Murillo.

  No pleno de Ames deste xoves a moción presentada polo BNG  instando á Xunta a cumprir cos cocientes máximos,  a dotar aos centros educativos de Ames do persoal docente e de apoio necesarios e proporcionar os autobuses suficientes ao servizo de trasporte escolar para que non se produza o desdobre de ningunha liña, saíu adiante cos votos favorables do PSOE, BNG e Espazo Común e a abstención do PP.

O BNG levará esta problemática proximamente ao Parlamento. 

Dende o BNG de Ames non deixaremos nunca de loitar por unha educación pública e de calidade.

 

O BNG levará ao Parlamento as carencias do CEP Plurilingüe de Ventín