O PSOE VOTOU EN CONTRA

O BNG propón un plan especial para revitalizar o comercio do Milladoiro

Grupo Municipal BNG Ames
Grupo Municipal BNG Ames

Organizar un Mercado de Nadal en espazos alternativos do Milladoiro, con presenza destacada dos comercios afectados e reinstaurar prazas de estacionamento de 15 minutos ou zonas de parada rápida para facilitar o acceso da clientela, son algunhas das medidas propostas polo BNG amesá neste Plan de Apoio ao Comercio do Milladoiro.

 

No pleno, o BNG amesá  mantivo o seu compromiso firme de entrar  na Mancomunidade Serra do Barbanza como membro de pleno dereito.

 

 

O BNG propón un plan especial para revitalizar o comercio do Milladoiro

 O grupo municipal do BNG de Ames, tras realizar diversas visitas á rúa Rosalía de Castro, principal eixo comercial do Milladoiro, puido constatar o profundo impacto que as obras de renovación da estrada N-550 están causando no comercio local e na vida cotiá da veciñanza. Os comerciantes trasladaron unha preocupación compartida: as obras están a afectar gravemente as súas vendas é á sustentabilidade dos seus negocios. 

“As obras da N-550 son necesarias, mais non poden supoñer a ruína de quen sostén día a día a vida desta vila. Entendemos que é responsabilidade do Concello de Ames actuar con urxencia, amosando apoio real e efectivo ao comercio local, como piar esencial da economía e da vida social do Milladoiro e que leva décadas contribuíndo ao desenvolvemento de Ames”. Sinala a concelleira nacionalista, Natividade González.

A falta de aparcadoiro, as dificultades de acceso, os cortes de luz e servizos, así como a ausencia de aviso previo sobre os traballos, provocaron unha caída de ingresos moi significativa. Esta situación chega a un punto crítico agora que se achega a campaña de Nadal, o período máis importante do ano para o pequeno comercio, e faino con moitos negocios xa debilitados, mais con esperanza nun novo Milladoiro ao remate das obras.

O Plan de Apoio ao Comercio do Milladoiro presentado plo BNG de Ames contempla as seguintes medidas: 

Axudas e compensación económica.

Crear unha liña de subvencións directas e estudar a bonificación temporal das taxas municipais.

Campaña especial de Nadal e dinamización comercial.

Organizar un mercado de Nadal en espazos alternativos do Milladoiro, con presenza  destacada dos comercios afectados,reforzar a presenza institucional e promocional do Concello apoiando o comercio local en redes sociais, medios e eventos públicos. Activar campañas de sorteos e promocións para incentivar as compras locais, en colaboración coas asociacións de comerciantes e ANPAS e mellorar a iluminación e decoración de Nadal na rúa Rosalía de Castro e arredores.

Medidas de mobilidade e accesibilidade.

Reinstaurar prazas de estacionamento de 15 minutos ou zonas de parada rápida para facilitar o acceso da clientela. Crear puntos de reparto temporais durante a campaña de Nadal con persoal de apoio municipal que facilite a entrega de produtos e mercadorías. Sinalizar aparcadoiros alternativos de forma visible e accesible, orientando á veciñanza e evitando confusións. Coordinar cos corpos de seguridade para evitar sancións inxustas durante as tarefas de carga e descarga nas zonas afectadas.

Campaña de dinamización do comercio.

Poñer en marcha unha campaña específica de promoción e dinamización do comercio local do Milladoiro, impulsada pola área de comercio, para incentivar as compras no Nadal e nos primeiros meses do novo ano. “É tempo de actuar con responsabilidade, acompañando ao comercio local cun plan de apoio ambicioso e realista que dea resposta inmediata ás dificultades presentes e sente as bases dun Milladoiro renovado, vivo e con futuro”, conclúe Natividade González.

 

O PSOE vota en contra do Plan de Revitalización do Comercio do Milladoiro
O PSOE vota en contra do Plan de Revitalización do Comercio do Milladoiro

 

No pleno celebrado onte, o BNG Amesá  mantivo o seu compromiso firme de entrar  na Mancomunidade Serra do Barbanza como membro de pleno dereito, “nós sempre defendemos un modelo sustentable no tratamento do lixo que aposte pola reciclaxe e a compostaxe, de feito, este era un dos puntos que recollía o acordo político asinado co PSOE de cara a facilitar, coa nosa abstención, a aprobación dos orzamentos para o exercicio 2024”  explica a voceira nacionalista Escarlata Pampín. “Certo é que nestes momentos a planta de Servia atópase nunha situación de bloqueo e lóxicamente non se está a cumprir o obxectivo fundacional da mesma. O total abandono por parte da Xunta de Galicia e o interés do Ministerio en acabar co modelo húmido-seco levounos a esta situación. A Mancomunidade Serra do Barbanza foi un referente a nivel galego e estatal na xestión de residuos na súa planta de reciclaxe de Servia, no concello de Lousame, e dende o BNG recriminamos ao PP e ao PSdeG non ter feito ningún esforzo por soster este modelo. A inacción política durante anos levounos á situación actual”, engade Escarlata Pampín.

O BNG leva máis dun lustro avisando da necesidade de acometer cambios na planta de Lousame e xa en 2018 solicitaron que se comezasen a redactar uns novos pregos de licitación para que non se chegase a caducar a concesión.

“Un concello de maneira illada pode xestionar a recollida mais ten moi difícil xestionar o tratamento. Calquera alternativa pasa pola xestión mancomunada ou consorciada da recollida-tratamento. E este é outro motivo que nos leva a votar a favor deste punto. Porque se hai vontade, hai futuro para a planta de Lousame, salienta Pampín.

 

 

 

 

O BNG propón un plan especial para revitalizar o comercio do Milladoiro