O PLENO RECLAMA, A DEMANDA DO BNG DE AMES, QUE SE RESOLVAN AS CARENCIAS DO PAC E DO CENTRO DE SAÚDE DE BERTAMIRÁNS

Unanimidade na aprobación da moción do BNG de Ames

Aprobación por unanimidade da Moción do BNG de Ames
Aprobación por unanimidade da Moción do BNG de Ames

A proposta do BNG e por unanimidade, o Pleno ordinario do mes de agosto aprobou unha moción por medio da cal se esixe á  Xunta de Galicia que  atenda as necesidades técnicas e humanas do PAC e do Centro de Saúde de Bertamiráns

Unanimidade na aprobación da moción do BNG de Ames

Unha moción orixinada trala xuntanza mantida coas traballadoras e persoal sindical do PAC o 3 de xullo deste ano á que tamén  asistiu a parlamentaria nacionalista Iria Carreira e na que as profesionais  expresaron a súa preocupación  tanto polo estado no que se atopa o edificio como pola falta de persoal, que  redunda na atención inadecuada aos enfermos. 

Na súa intervención a voceira do BNG de Ames, Escarlata Pampín,afirmaba  “eu son usuaria do Centro de Saúde de Bertamiráns e a pouquiño que vaiamos por alí tanto en calidade de doentes cono de concelleiros ou concelleiras evidenciase que os investimentos neste centro foron insuficientes; e  non é difícil que sexan insuficientes cando estamos a falar dun edificio do ano 1991 cando este concello tiña a terceira parte da poboación que ten agora. Dende o BNG levamos moito tempo pelexando pola situación do Centro de Saúde de Bertamiráns e sería ir de costas á veciñanza de Ames e ao persoal sanitario non apoiar esta moción”

O BNG de Ames  demanda  da  Xunta de Galicia o estudo de construción dun centro novo ou a ampliación  do Centro de Saúde e do PAC de Bertamiráns dando lugar a unha estrutura ben dimensionada e acondicionada no terreo cedido polo Concello; dotación do persoal necesario de xeito que se garanta a atención pediátrica pola tarde no centro de saúde; un dobre equipo completo de tarde e nas fins de semana no PAC; e a inclusión de novas categorías profesionais que respondan ás necesidades da veciñanza amesá do século XXI como  fisioterapia, radioloxía, nutricionista ou logopeda.

O BNG seguirá  agora a traballar para que se dea cumprimento á moción. 

Unanimidade na aprobación da moción do BNG de Ames