LOGO DA PRESENTACIÓN POR REXISTRO DESTA MOCIÓN,O ALCALDE BLAS GARCÍA, SOLICITOU UNHA XUNTANZA AO CONSELLEIRO DE SANIDADE, ANTONIO GÓMEZ CAAMAÑO

O BNG de Ames leva a Pleno as necesidades técnicas e humanas do PAC e do Centro de Saúde de Bertamiráns

Xuntanza do  3 de xullo de 2024
Xuntanza do 3 de xullo de 2024
No pleno do Concello de Ames deste mércores debaterase unha moción que o BNG presentou, despois da xuntanza mantida coas traballadoras e persoal sindical do PAC o 3 de xullo deste ano á que tamén  asistiu a parlamentaria nacionalista Iria Carreira
O BNG de Ames leva a Pleno as necesidades técnicas e humanas do PAC e do Centro de Saúde de Bertamiráns

Na reunión que motivou esta moción, as sanitarias expresaron a súa preocupación  tanto polo estado no que se atopa o edificio como pola falta de persoal, que  redunda na atención inadecuada aos doentes. 

O centro de saúde de Bertamiráns foi inaugurado no ano 1991 cando o número de habitantes rondaba os 10.000, na actualidade hai arredor de 33.000.
En palabras das traballadoras e do persoal sindical “ O edificio está obsoleto e non é funcional, ademais de estar sobrecargado en tódalas consultas. Non é práctico nin está dimensionado para a poboación que atende agora mesmo nin a futura que ten que atender. Hai tres anos fíxose unha remodelación do centro que foi insuficiente e que afectou, sobre todo, á cuberta, á iluminación e á área administrativa”.

O BNG de Ames esixe á Xunta de Galicia o estudo de construción dun centro novo ou a ampliación  do Centro de Saúde e do PAC de Bertamiráns dando lugar a unha estrutura ben dimensionada e acondicionada no terreo cedido polo Concello; dotación do persoal necesario de xeito que se garanta a atención pediátrica pola tarde no centro de saúde; un dobre equipo completo de tarde e nas fins de semana no PAC; e a inclusión de novas categorías profesionais que respondan ás necesidades da veciñanza amesá do século XXI como  fisioterapia, radioloxía, nutricionista ou logopeda.

O Grupo Municipal do BNG de Ames celebra que trala presentación por rexistro da Moción, o alcalde solicitara unha xuntanza ao Conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño. 

O BNG de Ames leva a Pleno as necesidades técnicas e humanas do PAC e do Centro de Saúde de Bertamiráns