AS QUEIXAS POLO FUNCIONAMENTO DO TRANSPORTE PÚBLICO SON RECORRENTES EN AMES

O BNG de Ames presenta unha moción para que a Xunta de Galiza atenda as necesidades do transporte no rural

Campaña  BNG
Campaña BNG

A moción forma parte dunha campaña que o BNG de Ames está a poñer en marcha no concello para demandar un servizo público de transporte digno e eficiente 

O BNG de Ames presenta unha moción para que a Xunta de Galiza atenda as necesidades do transporte no rural

No pleno  do 31 de outubro debaterase a  moción presentada polo  BNG na que se propón a  adopción dos seguintes acordos:

1 Que o Concello de Ames faga unha revisión de tódalas paradas e dote das marquesiñas necesarias ao noso rural coa información concreta en cada punto.

2 Esixir á Xunta de Galicia que faga cumprir con rigorosidade os contratos en vigor do servizo público de transporte en Galicia, de acordo aos pregos técnicos e administrativos e ás ofertas gañadoras nos concursos. É preciso garantir os percorridos, os horarios e as paradas establecidas.

3 Instar á Xunta de Galicia a que se explore a posibilidade de dotar ao rural de Ames do Servizo de Noitebús.

En palabras de Escarlata Pampín, voceira do Grupo Municipal do BNG,  “tal e como está deseñado o transporte público provoca unha clara discriminación por orixe,  a veciñanza do rural non ten as mesmas posibilidades que os que viven nas cidades ou vilas máis grandes. Isto tradúcese, por exemplo, na dificultade para acceder á ensinanza superior ao non existir transporte escolar para esas etapas educativas”.

“Demandamos servizos para mellorar a mobilidade das persoas, un problema que afecta a tódalas idades pero que repercute sobre todo naquelas que carecen de  transporte  privado, un grupo entre os que se atopa a xente máis nova e a xente maior que depende dos seus familiares ou coñecidos para desprazarse”. Engade Escarlata Pampín.

Dende o BNG de Ames esiximos un servizo público de transporte digno e eficiente, porque a realidade é que temos constancia de que no transporte do rural persisten as impuntualidades, os atrasos inxustificados, o número de autobuses é  insuficiente, non pasan nas horas previstas, non recollen nas paradas estipuladas e non contan coas  prazas necesarias, por non falar das deficiencias no seu estado que, nalgún caso, é calamitoso.

O BNG de Ames presenta unha moción para que a Xunta de Galiza atenda as necesidades do transporte no rural