BNG AMES
10/mar./2026
O BNG vén de poñer en marcha unha campaña con entrega de información sobre esta situación e recollida de sinaturas para pedir, unha vez máis, que a Xunta de Galicia solucione os graves problemas de transporte público que diariamente sofren as persoas usuarias.
Saleta Chao, deputada do Parlamento de Galicia, achegouse á localidade para apoiar as demandas do Grupo Municipal do BNG no referente ao transporte metropolitano e trasladalas ao Parlamento.
“A conexión entre os dous dous núcleos urbanos de Ames: O Milladoiro e Bertamiráns é desastrosa, nas rutas dos autobuses interurbanos O Milladoiro-Santiago de Compostela e Bertamiráns-Santiago de Compostela a situación é insostible: numerosas persoas non poden subir aos autobuses en horas punta porque van cheos, faltan frecuencias horarias e os atrasos son continuos”, explica Escarlata Pampín, voceira do BNG de Ames.
A formación nacionalista leva anos reclamando que se mellore o servizo de transporte metropolitano, unha exixencia que mesmo chegou ao Parlamento Europeo da man da eurodeputada do BNG Ana Miranda.