Novas
Encontro coa veciñanza Casa de Cultura do Milladoiro

O BNG RESPONDE

O domingo 11 de febreiro ás 12:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro, teremos a oportunidade de  coñecer o programa de goberno do BNG para a Xunta de Galicia. Un programa baseado nas necesidades de todos os galegos e galegas, cun eixe central: Galiza o primeiro.
Ler novas
BNG Ames Apertura de Campaña

Comeza a campaña máis ilusionante

 

 Esta noite comezou a campaña para as eleccións autonómicas do 18 de febreiro, uns comicios nos que se o voto do cambio se une no BNG, Galiza gañará un futuro mellor. “Son a candidata de todas as persoas que queren cambio, votasen o que votasen noutras eleccións e pídolles a súa confianza porque non lles vou fallar”, proclamou  Ana Pontón.

Ler novas
Cartel

Ti decides!

 

Este xoves 18 de xaneiro na Casa da Cultura de Bertamiráns toda a cidadanía que así o desexe terá a oportunidade de saber as ideas que o BNG ten para Galiza. Que non che conten contos, ven coñecer a realidade!

Ler novas
Ana

O 18 de xaneiro Ana Pontón estará en Ames

O vindeiro xoves 18 de xaneiro ás 20:30 horas o Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá un acto público con Ana Pontón como protagonista.Todas as persoas que queiran coñecer as propostas, ideas e proxectos do BNG para o goberno  de Galicia terán a oportunidade de oílo de primeira man na voz de Ana Pontón.
Ler novas
1000020561-02

O gusto de agasallar en galego

Nestes días de Nadal o BNG de Ames obsequiou aos  comerciantes locais cunha variedade de adhesivos en galego coa finalidade de axudarlles a embelecer os paquetes de regalos. Trátase dunha iniciativa para apoiar o comercio de proximidade con promoción da etiquetaxe en lingua galega.
Ler novas
Foto

A Eurodeputada Ana Miranda viaxa a Ames para apoiar as demandas do Grupo Municipal do BNG no referente ao transporte metropolitano

Ana Miranda, eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego xa denunciou no pleno do Parlamento Europeo os problemas do transporte público en Galiza e a súa pésima xestión, que segundo destacou “é un escándalo que se traduce na discriminación que sofren os galegos e galegas, que queren un transporte público, digno e de calidade”.

 

Ler novas