SEGUNDO AS ANPAS “O DECRETO ADEMAIS REALÍZASE CUNHA TOTAL FALTA DE TRANSPARENCIA CON RESPECTO AOS CRITERIOS UTILIZADOS PARA ASIGNAR ARBITRARIAMENTE AS PRAZAS”

Decretazo do alcalde para recortar a prestación de servizos de conciliación en Ames

Comedores-Ames
Comedores-Ames

 

En menos dunha semana o novo goberno municipal do  Concello de Ames duplicou o prezo das merendas nas escolas infantís municipais (baixo a escusa da gratuidade das matrículas, aínda que xa son gratuítas dende o curso 2022/2023) e aplicou o Decretazo para recortar a prestación nos servizos de conciliación.

Decretazo do alcalde para recortar a prestación de servizos de conciliación en Ames

 

Dende o BNG de Ames sumámonos á solicitude urxente dun  Pleno Extraordinario do  Consello Escolar Municipal solicitado polas ANPAS, e que xa pedimos onte  por escrito,  para poder dispoñer de información sobre os criterios de asignación do número de prazas recollido no decreto da alcaldía.

As propias ANPAS explicaron nun comunicado conxunto dos colexios Agro do Muíño, Ventín e  A Maía,do IES de Ames, da gardería A Madalena e da  EEI do Milladoiro que non se lles informou en ningún momento sobre “os criterios que se utilizaron para establecer os máximos de prazas” e mostran a súa preocupación polo número de prazas nos comedores municipais. Destacan  “o escaso número de prazas de nova inscrición asignadas á EEI Milladoiro, a cal absorbe todo o alumnado que comeza en 4º de Educación Infantil  do Milladoiro.” 

Na súa opinión “esta forma de actuar revela unha total desinterese por manter unha boa comunicación coas ANPAS e o que é peor, un total desprezo polas necesidades das familias que precisan estes servizos.”

O grupo municipal do BNG de Ames vemos con enorme preocupación esta deriva do goberno socialista, con absoluta falta de diálogo e transparencia, que  lles leva a recortar en servizos tan esenciais como os de conciliación  ata o de agora referentes no noso concello.

 

Decretazo do alcalde para recortar a prestación de servizos de conciliación en Ames