UN CONCELLO TRANSFORMADO GRAZAS ÁS POLÍTICAS DO BNG

As concelleiras Escarlata Pampín e Rosalía Seijas achéganse ao Rosal a compartir ideas e proxectos

Un momento do encontro
Un momento do encontro

 

A alcaldesa de O Rosal, Ánxela Fernández o concelleiro Germán Fernández e a concelleira Beatriz Rodríguez, analizaron, xunto coas concelleiras do BNG de Ames as políticas de cambio que están a desenvolver no Rosal

As concelleiras Escarlata Pampín e Rosalía Seijas achéganse ao Rosal a compartir ideas e proxectos

O Rosal é  a día de hoxe un exemplo das políticas marca BNG que conseguen trocar un concello. Para coñecer  polo miúdo este cambio dan man dos seus artífices, as concelleiras do BNG de Ames, Escarlata Pampín e Rosalía Seijas, acercáronse ata alí e compartiron experiencias con parte do goberno municipal.

“O Rosal vai aliado á calidade de vida e vai aliado ao patrimonio, ao paisaxismo, á natureza, nós vencellamos a sostibilidade como un tema de acción política transversal en todas as áreas” sinalou a alcaldesa Ánxela Fernández.

A captación de fondos europeos, unida  a estratexia de sostibilidade fixeron posible recuperar espazos para a cidadanía como a Praza do Calvario ou a  chamada Explanada do Horizonte “un proxecto paisaxístico de recuperación da contorna que tivo varios premios internacionais e que se fixo con María Fandiño, unha arquitecta paisaxista de aquí,e nesa liña fixemos tamén os ecoparques que fronte ao parques de caucho de toda a vida que se puxeron  en zonas rurais, aquí o que fixemos foi intentar xerar unha liña que fose recuperar lugares de convivencia para as persoas que valorizasen a propia natureza”, indicou Ánxela Fernández.

A transformación enerxética municipal (como o cambio de toda a iluminación pública) a recuperación das escolas unitarias nos barrios tanto para uso de educación de proximidade, como social ou as comunidades enerxéticas locais, son outros dos proxectos que se están a poñer en marcha no Rosal, unhas políticas marca BNG que fan posible que un concello avance e que as veciñas e veciños ganen en calidade de vida.

As concelleiras Escarlata Pampín e Rosalía Seijas achéganse ao Rosal a compartir ideas e proxectos