A SITUACIÓN ACTUAL É DE ABSOLUTA FALTA DE DIÁLOGO E TRANSPARENCIA
O BNG reclama un entendemento entre o Goberno Municipal e as ANPAS
No Pleno Extraordinario do Consello Escolar Municipal de Ames, celebrado o 16 de abril, púxose de novo de manifesto a total falta de consenso entre o goberno municipal e as ANPAS motivada pola falta de transparencia e diálogo do actual goberno socialista en minoría
Rematado o pleno a situación non mudou, ao noso parecer, incluso se agravou. As ANPAS seguen denunciando a falla de interés do alcalde e a concelleira por chegar a acordos que repercutan no benestar das nenas e nenos nos servizos de conciliación.
Dende o BNG vemos con inquedanza esta posición do goberno municipal, que segue sen mostrar ningún dato que confirme a súa afirmación de que o recorte das prazas se debe a un problema de seguridade. De feito, a concelleira Escarlata Pampín solicitou que fora facilitada a información técnica concreta que se tomou de base para este decreto e para o argumentario utilizado pola concelleira e o alcalde para fundamentar os recortes. Como resposta ao BNG, o alcalde apelou ao “sentido común” ante a inexistencia de informes técnicos que aborden a evaluación da seguridade .
Dende O Grupo Municipal do BNG cremos que dende o inicio do mandato as ANPAS mostraron sempre a súa vontade de colaborar e concordar as modificacións que o executivo local pretende levar a cabo en materia de conciliación, polo que vemos con sorpresa esta ruptura por parte de goberno municipal.